O BNG reclama solucións para o médico de Corrubedo tras 6 meses de protestas

Tras seis meses de mobilizacións, a veciñanza de Corrubedo segue a se manifestar para reclamar melloras sanitarias no seu centro de saúde atopando unicamente o desdén do goberno local de Ribeira e a negativa a mellorar o servizo do conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña.

Desde o BNG seguimos mantendo o noso apoio incondicional á veciñanza de Corrubedo. Este xoves os concelleiros do BNG Luís Pérez e Cruz Rivadulla volveron acudir e pídenlle ao goberno local que se poña do lado da veciñanza para resolver o colapso e a precarización do sistema público de saúde en Corrubedo pero tamén en Ribeira.

No BNG poñemos o foco na “cesión” do Goberno do PP ás demandas da patronal, “consolidando a folla de ruta de facilitarlle profesionais á sanidade privada equiparando profesionais que apostan pola sanidade pública, dedicándose en exclusiva á mesma, cos que o fan tamén na sanidade privada”, en referencia ao complemento salarial ás e os profesionais que, ademais de na privada, traballen na pública, e viceversa.

O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, comprometeuse a seguir traballando e apoiando a veciñanza “até que se solucionen os problemas na Sanidade pública” e defendeu o plan proposto polo BNG para dotar os centros de saúde de novas especialidades, como psicoloxía clínica odontoloxía ou fisioterapia e investimentos comezando por un plan de choque de 200 millóns de euros.

Esiximos solucións inmediatas fronte esta ausencia de avances en favor dunha sanidade pública que garanta a saúde e a vida dos galegos e galegas, Barral demandoulle á Consellería de Sanidade “rectificar, deixando de tomar medidas que afondan na mercantilización da sanidade e escoiten á poboación e aos profesionais que demandan mellores condicións laborais no Sergas e un aumento dos recursos para garantir unha correcta calidade asistencial aos doentes no sistema público de saúde”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.