O BNG reclama medidas para resolver os problemas na subministración da auga

Vázquez Cobas cre que o desleixo do goberno local á hora de controlar o servizo provócalle problemas á veciñanza

O grupo municipal do BNG recolleu o malestar veciñal polos problemas que un ano máis se volven rexistrar na subministración da auga potábel durante o período de verán. O BNG ten coñecemento directo de problemas en Padín, García Bayón, avenida de Ferrol no ámbito urbano, mais tamén hai problemas en Palmeira, Castiñeiras, Os Páramos, Ameixida, Martín, etc.

O voceiro, Xosé Vázquez Cobas, asegurou que “está habendo un rosario de problemas con roturas na rede de abastecemento, baixadas de presión e mesmo cortes de subministro durante horas”. Esta situación non é un feito illado e puntual, senón que se repite “un día si e outro tamén en moitas zonas da cidade e das parroquias ante un goberno municipal inmóbil que non toma cartas no asunto para tentar resolver a situación” asegurou. Zonas de Castiñeiras, Martín, Os Páramos, Ameixida e O Touro téñense rexistrado problemas todas as semanas cos trastornos que causa nos fogares.

Ante esta situación o Bloque rexistrou unha iniciativa para instar ao goberno local a actuar de maneira inmediata para mellorar este servizo esencial. O voceiro nacionalista cre “o goberno local debe actuar e tomar medidas” como esixirlle á empresa concesionaria que realice as melloras necesarias para evitar a baixada de presión nos fogares, evitar os cortes na subministración ou resolver as roturas da rede que nalgúns puntos son reiteradas e causan importantes trastornos na veciñanza. Vázquez Cobas asegura o desleixo do PP fai que a empresa poida estar a incumprir co contrato sen ningunha consecuencia, polo que instan a que se revise o cumprimento das condicións.

Por último desde o BNG remarcamos que a subministración da auga é un servizo esencial que nunca debeu ser privatizado, polo que traballaremos para que unha vez remate a concesión en 2024, o servizo pase a ser prestado directamente por parte do concello. “Sería bo para a prestación do servizo, para as arcas municipais e sen dúbida unha mensaxe de que os servizos fundamentais deben ser públicos” concluíu Cobas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.