O BNG quere habilitar 2 praias de Ribeira para mascotas

As mascotas xa son parte dos fogares galegos, tamén dos ribeirenses, por iso ao formar parte da vida das veciñas e veciños do noso municipio é normal que compartan cada vez máis espazos de lecer con eles.
Ribeira é un concello privilexiado pola natureza con magnificas é variadas praias. É normal que os areais sexan un lugar ideal de desfrute e relación das veciñas e veciños con outras persoas e tamén coas súas mascotas. Para o BNG a mellor maneira de facelo é habilitando 2 praias ás que poida acceder a veciñanza coas mascotas, posto que son espazos para compartir cos animais de compaña, zonas de recreo ao aire libre, etc.


A Xunta de Galiza ten delegado nos concellos o regulamento desta cuestión: “As autoridades municipais limitarán ou prohibirán, no seu caso, as zonas e horas en que poidan circular ou permanecer os cans e outros animais nos parques, praias, e outros espazos públicos , especialmente os frecuentados por nenos, dos seus respectivos termos municipais…”


Para o voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas habilitar 2 praias para mascotas “é a mellor maneira de que todas as persoas se sintan cómodas, as que teñen animais saberán a que praia poden acudir e as que desexan non estar con animais saberán cales non terán presenza de animais”. Ademais engadiu que “no BNG cremos que pode haber areais para uso e desfruto con mascotas e outras sen elas, podemos convivir todos sen problema”. Esta proposta atende tamén a criterios ambientais de conservación de flora e fauna protexida.


É por todo iso polo que o BNG solicitará que o Concello de Ribeira habilite 2 praias autorizadas para mascotas, unha urbana para a que se propón a de Area Secada e outra na zona de Couso.


No BNG entendemos que se é preciso modificar algunha ordenanza, os cambios deberían estar feitos antes do verán deste ano 2018. Do mesmo xeito pedimos que se instalen carteis informativos para os usuarios e usuarias que se trata dun espazo para compartir con animais e dotar de colector de residuos o espazo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.