O BNG propón investigar as novas verteduras de Areeiros, Mosqueiros e Coroso

O BNG rexistra unha iniciativa para que os servizos técnicos do Concello de Ribeira abran unha investigación que determine o motivo das verteduras constantes que se producen nos Areeiros, Mosqueiros e Coroso.

O voceiro nacionalista, Xosé Vázquez Cobas, recriminou a falta de interese do Partido Popular para procurar unha solución a este problema constante no tempo. Para Vázquez é intolerabel que Ruiz Rivas ignore a realidade e lle minta á veciñanza dicindo que só se producen alivios de augas pluviais puntualmente no canto de procurar solucións ás verteduras que se repiten de maneira periódica tanto na zona de Coroso como en Mosqueiros.

Non é un caso illado, pois, ocorre de maneira recorrente noutros puntos do concello como Coroso, Mosqueiros ou Areeiros entre outros. Nestes puntos rexístranse verteduras de augas pluviais mesturadas con fecais tanto en épocas de chuvia como en épocas secas como o verán.

Desde o BNG temos sido moi críticos coa infraestrutura da EDAR e das conducións que levan os residuos urbanos até a estación depuradora e, malia votar en contra, sempre puxeron alternativas enriba da mesa e procuraron solución aos problemas. No caso concreto de Mosqueiros, Vázquez Cobas, lembrou as múltiples iniciativas que presentaron solucionar os problemas detectados no sistema de saneamento no lugar, segundo Cobas “en Castiñeiras existe un grave problema que provocou mobilizacións da veciñanza e a denuncia por parte do BNG ante o Seprona en agosto do ano 2016 e diversas iniciativas en 2017 e 2020”.

Para o BNG é unha evidencia que segue habendo verteduras e mesmo episodios contaminantes após investimentos multimillonarios por parte das distintas administracións públicas e unhas tarifas abusivas á veciñanza polo que pedimos abrir unha investigación para detectar os motivos destas verteduras e darlle unha solución definitiva para evitar que se contamine o medio natural e afecte aos bancos marisqueiros nos que traballan moitas persoas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.