O BNG propon alternativas ante as restriccions de máis de 10h para que os veciños accedan ós seus garaxes

Veciñanza de rúas situadas no centro urbano ribeirense como a Lustres Rivas, Alcalá Galiano, Campo de Marte, rúa de Lugo ou Rosalía de Castro mostran o malestar ante as restricións de acceso a garaxes que impón o goberno local para celebrar a Feira Artemar.


O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, atendeu algunhas veciñas e veciños as queixas e demanda que o goberno ribeirense adopte algunha solución e “busque alternativas que non pasen por prohibirlle á xente entrar no seu garaxe durante dez horas ao día”. Barral argumenta que calquera persoa entende que a celebración de feiras e eventos pode ocasionar algúns pequenos trastornos, mais “non se entenden unhas restricións tan excesivas durante catro días e nun horario tan amplo xa que as restricións establécense de 11:00h a 15:00h e de 18:00h até a media noite”.


Cremos que estas prohibicións son consecuencia da falta de planificación que existe nos eventos que se realizan na vila. “Onde vai deixar o seu coche a xente? É unha xestión nefasta porque están ocasionando molestias inncesarias e provocan un caos no tráfico cando non hai necesidade”.


O BNG propón ofrecer alternativas gratuítas e estender a feira


Barral cre que en vez de acumular todo nas rúas do centro e bloquear os garaxes, a feira podería estenderse a barrios historicamente discriminados como Banda ó Río ou o Parque García Bayón. “Parece que hai barrios que non son de Ribeira porque nunca acollen eventos e todo se fai no centro, no BNG apostamos por dinamizalos xerando dinamismo económico e social”. Por último, reclamamos que cando se teñan que realizar restricións tan longas no tempo, se habiliten alternativas gratuítas para estacionar os vehículos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.