O BNG propón actuacións para aumentar zonas verdes, mellorar instalacións deportivas e reforzar a seguranza viaria

Damos un paso adiante e rexistramos un documento con 15 propostas centradas no aumento das zonas verdes, a mellora das instalacións deportivas e a adopción de medidas que garantan a seguridade viaria nas parroquias.

Desde o BNG rexistramos este documento ante a nula vontade de diálogo por parte do goberno local para consensuar a que se deben destinar 1.065.994 euros que concederá a Deputación da Coruña para o Plan de Obras e Servizos de 2022.

O concelleiro, Luís Pérez Barral, indicou que o Bloque solicita que a escolla das actuacións nas que se investirán os cartos procedentes da Deputación conten co dialogo e consenso de todos os grupos que da Corporación. “A día de hoxe non se nos convocou a ningunha xuntanza para acordar nada, parece que PP-PSOE están cómodos co seu pacto e impedirán que as propostas doutros grupos poidan prosperar” aseverou.

Zonas verdes, espazos deportivos e seguranza viaria nas parroquias

Aglutinamos as propostas en tres grandes bloques; aumento das zonas verdes, mellora dos espazos deportivos e reforzo da seguranza viaria nas parroquias. Para o voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas, “incluímos actuacións que directamente nos pediron veciñas e veciños e necesidades importantes que cómpre atender”.

Con respecto ao aumento das zonas verdes propoñemos implementar un plan “Reverdecer Ribeira”, cubrir dous parques infantís para usar cando chove, construír dous aseos públicos en Ribeira e rehabilitar o lavadoiro de Gude en Artes como espazo de ocio.

Con respecto á mellora das instalacións deportivas inclúen dotar de torres de iluminación o campo de fútbol de Carreira, construír novos vestiarios no campo de fútbol de Oleiros, mellorar a zona do Campo da Tasca en Aguiño con novo mobiliario e adecuar os Campos de Samil en Corrubedo como espazo recreativo.

Por último, entre as propostas de reforzo da seguranza viaria destacan a renovación da rúa Sidreiras con novo firme e beirarrúas, iluminar e pavimentar os aparcadoiros disuasorios de Ribeira, ampliación e dotación de sumidoiros na rúa Revolta de Castiñeiras, dotación de beirarrúa e pavimentación da rúa Iñeiras en Olveira, pavimentación da estrada de Lixó a Balteiro en Oleiros e instalación de marquesiñas no colexio de Frións en Carreira.

O BNG propón actuacións para aumentar zonas verdes, mellorar instalacións deportivas e reforzar a seguranza viaria

 

Un comentario en «O BNG propón actuacións para aumentar zonas verdes, mellorar instalacións deportivas e reforzar a seguranza viaria»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.