O BNG presentou a candidatura pola Coruña

Preme para ver a candidatura completa

Jorquera presenta a candidatura coruñesa ao Congreso e ao Senado e reafirma o seu compromiso para que o Estado “se adapte á realidade plurinacional e plurilingüe”

A Coruña, 23 xaneiro 08.- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, estivo esta mañá na presentación oficial da candidatura pola provincia da Coruña ás eleccións ao Congreso e ao Senado e contrapuxo “o estilo propio” do BNG á actitude das forzas estatais.

Entre os exemplos que o líder nacionalista puxo sobre as claras diferencias que marca o BNG, destacou a actitude fronte ao novo ciclo económico: “mentres o PP está a presentar un estado de catástrofe inminente que non se sustenta en nada, e o PSOE di que hai que mirar a outro lado e que non pasa nada, o BNG toma a iniciativa e fai propostas que prevean a situación que se nos aveciña”.

Visión deturpada da realidade de Rajoy

Na mesma liña manifestouse o cabeza de lista do BNG ao Congreso pola provincia da Coruña, Francisco Jorquera, quen afirmou que Mariano Rajoy ten “unha visión deturpada da realidade” e, cando fala de “bilingüismo harmónico pensa nun uso anecdótico e folclórico do galego”.

O cabeza de lista pola Coruña comprometeu o esforzo dos homes e mulleres do BNG para que “na política estatal se teña en conta a realidade plurinacional e plurilingüe que vivimos”.

Francisco Jorquera asegurou que unha presenza decisiva do nacionalismo en Madrid fará que “se salde a débeda histórica con Galiza e evitará que as políticas estatais sexan un freo para o noso país”.

O número un presentou un por un aos compoñentes da lista do BNG e lembrou “o impulso á participación feminina que se deu na elaboración das listas con seis mulleres e cinco homes nos primeiros postos das candidaturas ao Congreso e ao Senado.

As mulleres e os homes da lista coruñesa coñecen de primeira man, tal e como relatou Jorquera, problemas como o do naval de Ferrol (Ana Vérez), a aposta por unha política enerxética propia (Francisco Dasilva), a necesaria aposta polo litoral coruñés (Dominga Brión, Mónica Góñez ou Bieito González), o desenvolvemento da costa da morte (Evencio Ferrero e Mónica Góñez), a importancia do sector leiteiro (Socorro Cea) ou as infraestruturas que precisa a comarca da Coruña (Mario López Rico), para alén das aspiracións da mocidade (Avia González ou Paulo Pérez).

Candidatura do BNG. A Coruña

Congreso

1.Francisco Xesús Jorquera Caselas

2.Elvira Cienfuegos López (membro do goberno municipal de Santiago)

3.Francisco Dasilva Bello (responsábel local nas Pontes)

4.Dominga Brión Sanmiguel (portavoz municipal en Ribeira)

5.Evencio Ferrero Rodríguez (alcalde de Carballo)

6.Socorro Cea Vázquez (alcaldesa de Melide)

7.Mario López Rico (membro do goberno municipal da Coruña)

8.Monica Góñez Silva (portavoz municipal en Fisterra)

Suplentes

Paulo López López (dirección nacional de Galiza Nova-Betanzos)

Senado

Avia González Veira (Galiza Nova- A Coruña)

Bieito González Domínguez (portavoz BNG e tenente alcalde de Noia)

Ana Vérez Gómez (Ferrol)

Nova na Galega:
Quintana: “O BNG defende un estilo propio fronte ao catastrofismo do PP”

Nova no Correo Gallego:
Quintana acusa a Rajoy de arañar votos en Albacete a costa de Galicia

Nova no Ideal Gallego:
El BNG presenta su lista coruñesa para el 9-M

Nova no Xornal:
O BNG quere que o Estado “se adapte á realidade plurinacional e plurilingüe”

Convención Nacional

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.