O BNG presenta emendas ás ordenanzas fiscais para rebaixar o prezo da auga, depuración e vehículos

Pérez Barral acusa ao PP de aplicar unhas taxas abusivas que recadarán máis de 4.650.000 euros nun momento económico delicado

O BNG ribeirense quere rebaixar varias taxas e impostos municipais coa finalidade de acabar cunhas “taxas e impostos abusivos” e que se sitúan por riba da media dos concellos da contorna. Para conseguir este obxectivo, presentamos emendas á modificación das ordenanzas fiscais, que pretende aprobar o goberno local, ao considerar que se está castigando á veciñanza a pagar máis por decisións erradas tomadas polo Partido Popular.

O concelleiro do BNG, Luís Pérez Barral, esgrimiu que “sabemos que hai fondos suficientes para facer rebaixas importantes pero o goberno local prefire facer caixa cunhas taxas e impostos, claramente abusivos, que lle cobra á veciñanza neste momento de crise económica”. Barral votou man dos datos para explicar os motivos que levan ao Bloque a propoñer rebaixas e bonificacións importantes. Detallou que o Concello de Ribeira vaille cobrar á veciñanza 4.650.000 euros en concepto de auga, saneamento, lixo e sumidoiros mentres, outras taxas e impostos que non lle afectan á veciñanza, se manteñen en niveis mínimos como por exemplo a que grava o uso de terreo público por parte das compañías eléctricas e telefónicas da que só se prevé ingresar 265.000 euros.

Así pois, desde o BNG consideramos que a cidadanía non debe pagar as malas decisións adoptadas polo PP cando escolleu o actual modelo de depuración caro e ineficiente. Propoñemos reducir un 20% a taxa de saneamento e depuración por ser “tarifazo abusivo” e formulan incrementar a bonificación a colectivos vulnerables un 10%, pasando da exención do 50 ao 60% da taxa. Con respecto á subministración de auga potable, proponse crear unha bonificación dun 30% para familias numerosas e establecer o consumo por tramos (reducido, medio e xeral) para fomentar que aquelas persoas que reduzan o consumo de auga poidan pagar menos. “Aprobar esta medida premiaría aqueles fogares que reduzan o seu consumo de auga” asegura Pérez Barral.

Por outra banda, propoñemos a rebaixa xeral do imposto de vehículos un 2% e aumentar a bonificación para vehículos eléctricos, híbridos e de baixas emisións pasando da bonificación dun 50% durante os 5 períodos impositivos seguintes ao da súa matriculación, a tela durante un período de 7 anos.
Por último propoñemos manter o prezo actual pola retirada de vehículos na vía pública e recriminan que o PP queira subir un 23% esta taxa. “Ribeira ten pouco aparcadoiro e, en vez de facilitar espazos onde deixar o coche, queren actuar á brava aplicando un tarifazo a quen lle leve o coche o guindastre”.

 

2 comentarios en «O BNG presenta emendas ás ordenanzas fiscais para rebaixar o prezo da auga, depuración e vehículos»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.