O BNG preocúpase polo gromo Covid da residencia de Ribeira

Coas restricións anunciadas polo propio presidente da Xunta de Galiza, os catros concellos da comarca da Barbanza pasan a estar xa no nivel máximo, dentro dunha área sanitaria, Santiago-Barbanza, das máis afectadas do país nestes momentos e onde tanto o número de casos positivos como o número de persoas hospitalizadas por covid seguen a aumentar.

Neste contexto, após o Nadal soubemos dun primeiro gromo de infección na residencia de maiores Domus Vi de Ribeira, curiosamente unha semana despois de seren vacinadas na propia residencia e de manterse dende o mes de marzo pasado sen ningún contaxio. Alén das persoas contaxiadas coñeciamos a nova desalentadora do falecemento de dúas das persoas residentes que foran trasladadas ao Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI).

Segundo a deputada nacionalista, Rosana Pérez, o centro Domus Vi de Ribeira ten 106 residentes e a día de hoxe, Cos datos da propia Consellería de Política Social, ten o terceiro gromo de covid máis importante en afectación a residentes de toda Galiza. Para Pérez Fernández a situación é “sumamente preocupante dende o punto de vista sanitario”.

Por todo o exposto, a deputada nacionalista rexistrou unha iniciativa parlamentar para que a Xunta de Galiza adopte todas cantas medidas sexan precisas para controlar o gromo de covid-19 producido recentemente na residencia de maiores Domus Vi de Ribeira, incluída a súa intervención. Do mesmo xeito preguntará que causas baralla a Xunta da infección dun importante número de residentes despois de seren vacinados/as, se se están cubrindo as baixas do persoal que está contaxiado e que actuacións pensa desenvolver para pervir novos contaxios.

Un comentario en «O BNG preocúpase polo gromo Covid da residencia de Ribeira»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.