O BNG pide priorizar o mantemento dos equipamentos e espazos públicos

Rexistramos novas iniciativas para aumentar o mantemento do mobiliario urbano, zonas verdes e parques infantís, así como restaurar a dorna de Patiño situada no Touro.

O deterioro avanzado da Dorna de Patiño, embarcación emblemática en Ribeira, é o emblema da desidia dun goberno local que descoida o mantemento dos espazos e equipamentos públicos mentres investe millóns de euros en cemento e obras megalómanas.

O portavoz do Bloque, Luís Pérez Barral, recrimina que o Partido Popular está descoidando o patrimonio cultural e histórico que ten Ribeira, cuestión que se estende ao mobiliario urbano, parques infantís e áreas de lecer que presentan un estado de conservación e limpeza moi deficiente.

Facémonos eco das queixas veciñais e lembramos que a primeira medida que presentamos neste mandato foi un plan de mantemento de equipamentos públicos que polo momento o goberno de Ruiz Rivas foi incapaz de poñer en marcha a pesar de ser aprobado por unanimidade en pleno.

Non é razoábel o mal estado e a falta de limpeza no que se atopan os espazos e bens públicos e esixirán novamente que se implemente o plan de mantemento anual proposto polo Bloque.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.