O BNG pide o arranxo inmediato dunha estrada nos Muíños

A veciñanza dos Muíños, na parroquia de Oleiros, contactou co BNG ribeirense para mostrar o seu malestar polo afundimento que está a producirse na estrada que atravesa o lugar. A concelleira Cruz Rivadulla contactou cos residentes e comprobou como as fochancas están xerando tanta inseguranza viaria que tiveron que sinalizalas eles mesmos para evitar desgrazas.

En setembro de 2022 nesa estrada realizáronse unhas obras para dotar de servizo de saneamento que implicaron a instalación de case dous quilómetros de tubaxes. Os traballos tiveron un investimento económico de 237.308,83 euros.

Rivadulla considera que o goberno local descoida as parroquias xa que non garante a boa calidade das obras públicas que se fan, “hai que manter en bo estado as estradas, e iso non o están facendo” segundo afirmou. Unha vez concluídas as obras de saneamento a calzada quedou deteriorada polas obras pero tamén debido ao elevado tráfico (tamén de camións pesados que transportan madeira dos montes) que hai nesa zona. Todo isto implicou que unha parte da calzada cedera provocando fochancas que foron sinalizadas polos veciños debido ao perigo que implican.

“Estamos ante un goberno esgotado xa que as obras foron aprobadas en 2019, tardaron tres anos en comezarse, facéndose en 2022. Agora, un ano máis tarde, a estrada xa está a afundirse, algo que non é normal polo que lle pedimos responsabilidades goberno local e o seu arranxo inmediato para evitar perigos” concluíu Rivadulla.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.