O BNG pide no Parlamento melloras para Corrubedo

Todo o mundo sabe o que custa o acondicionamento e as obras que se fan por parte das administracións tanto local, galega como estatal. Pois ben, tan importante é o feito de facer, promover e levar a cabo estas obras como o seu mantemento futuro, porque, as actuacións non só hai que facelas, senón tamén mantelas en bo estado para que cumpran a función para a que foran creadas.


No BNG recibimos a queixa e comprobamos “in situ”, que na zona portuaria de Corrubedo existen unha serie de carencias, desperfectos e situacións de feísmo que nuns casos impiden e noutros fan difícil o labor dos usuarios de dita zona, por non dicir que tamén deixan en mal lugar aos residentes, diante dos visitantes –moitos- que acoden á parroquia –visita obrigada por mor da paraxe natural das dunas e o faro de Corrubedo-.


Un bo número de farolas están fóra de servizo, ben por estar fundidas ou rotas as conexións eléctricas. Máis aínda, algunhas levan moito tempo nese estado –máis dun ano-. No proprio peirao as escaleiras de acceso están ou oxidadas ou rotas e a piques de se desprenderen, co que conleva iso de perigo. As barandas de protección completamente oxidadas, o que vai supoñer a súa futura corrosión e probable desprendemento.


Verbo do feísmo, a carón mesmo do restaurante que hai no porto, atopámonos cunha edificación en construcción que leva varios anos así. Ocupa parte do dominio das beirarrúas con cascotes de pedra, unicamente protexidos por unha malla de ferro coa metade das celas rotas; o que supón un perigo engadido para crianzas e maiores. E non digamos dos socavóns e fochancas que se atopan na rúa de acceso á rampla.


O Bloque Nacionalista Galego presentou unha iniciativa en 2013 no Concello de Ribeira na que se instaba a Portos de Galiza a ter conta do seu patrimonio e a mellorar as instalacións portuarias de Corrubedo.


Nunha xuntanza mantida entre o BNG e os mariñerios realizada en 2017, comprobouse que o peirao presentaba unha total falta de mantemento e un acusado deterioro. Por todo isto é polo que o BNG lle pregunta: 


Cando ten pensado Portos de Galiza dotar de chabolas o porto de Corrubedo na cal os mariñeiros poid traballar baixo cuberto e non baixo as inclemencias do tempo?


Cando ten pensado Portos de Galiza reparar as escaleiras e mellorar a sinalización viaria para evitar que os vehículos estacionen diante da rampla?


Contempla Portos de Galiza atender a demanda de rebaixar a rampla no seu tramo final para evitar que as embarcacións?


Cando e que actuación ten prevista Portos de Galiza para aumentar e mellorar o alumeado?

Un comentario en «O BNG pide no Parlamento melloras para Corrubedo»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.