O BNG pide medidas para atallar a vandalización dos bancos coas cores LGBT

Pérez Barral: “agora só son pintadas e insultos en bancos pero despois poden vir as agresións verbais ou físicas”

O Bloque Nacionalista Galego ribeirense mostra a súa repulsa polos constantes ataques e actos vandálicos contra os bancos colocados por todo o municipio coas cores do colectivo LGBT coa finalidade de darlle visibilidade á loita polos dereitos persoas. Os novos ataques que ten constatado o BNG producíronse nos bancos de Olveira e Artes onde escribiron a palabra “enfermos”.

O concelleiro nacionalista, Luís Pérez Barral, lamenta que esta non é a primeira acción homófoba que se rexistra neste concello pois xa houbo que repoñer o banco coas cores LGBT que os intolerantes romperon en Aguiño e tamén teñen vandalizado o banco de Palmeira. “Como sociedade temos que facer unha reflexión no só para deixar claro que a violencia non pode ter cabida senón tamén para illar a quen emite e promove eses discursos de odio. Porque detrás do machismo, do racismo, da xenofobia, de fobia LGTB hai unha mesma raíz: a da intolerancia, á que hai que responder dicindo que eses discursos non teñen cabida na nosa sociedade” apuntou Pérez Barral.

O concelleiro ribeirense cre que non se deben tolerar este tipo de ataques porque “agora só son unhas pintadas e insultos nun banco pero se este problema non se atalla, despois poden vir as agresións verbais ou a violencia física contra as persoas do colectivo LGBT, como aconteceu noutros lugares. Temos que actuar agora para non ter que lamentar despois”. Pérez Barral cre que o Concello de Ribeira, ademais de restaurar todos os bancos, debe dar un paso adiante para atallar estes ataques feitos por unha minoría covarde e intolerante. Neste sentido pídelle ao executivo local que volva lucir a bandeira do orgullo LGBT na casa consistorial como acto simbólico e de concienciación e que se fagan campañas de educación afectivo-sexual nas que se promova a tolerancia e o respecto cara ás persoas.

Remarcamos que LGBTfobia non ten cabida en ningún ámbito da nosa sociedade, xa que atenta contra a convivencia, o respecto para a diferenza e a diversidade, piares básicos que deben sustentar calquera sociedade democrática e plural e congratúlanse de que a maioría da sociedade ribeirense sexa tolerante e rexeita este tipo de actos.

Un comentario en «O BNG pide medidas para atallar a vandalización dos bancos coas cores LGBT»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.