O BNG pide medidas de seguridade viaria para o porto de Palmeira

No acceso ao porto de Palmeira, polo paseo marítimo, os vehículos van a unha velocidade excesiva. Tendo en conta que no mesmo se atopa un parque infantil e unha pista de fútbol, así como bastante afluencia de persoas paseando polo mesmo, a excesiva velocidade dos vehículos fan correr un risco innecesario a xente que anda polo lugar.


O paso que hai dende o parque ao paso de peóns para cruzar ata a calzada é unha chapa de ferro torta que limita o movemento dos viandantes en dito acceso e carece de lonxitude suficiente como para que unha cadeira de rodas suba ou baixe por ela con normalidade. Debido a altura excesiva que hai na beirarrúa do paseo, as persoas maiores ou con algunha minusvalía física teñen moitas dificultades para acceder a mesma. Colocouse recentemente unha rampla ao comezo do recheo mais os que viven na Arrochela ou están no parque teñen que dar un rodeo para poder utilizalo aumentando a súa vulnerabilidade ante un posible risco, pois teñen que atravesar pola calzada para poder acceder a ela.


En base a todas estas necesidades, a concelleira nacionalista Pilar Sampedro solicita:


1º Poñer bandas sonoras no paseo marítimo para reducir a velocidade dos vehículos.
2º Poñer un paso de obra dende o parque á calzada coa anchura e estabilidade adecuada para que poida utilizarse tanto polas persoas a pé como por cadeiras de rodas.
3º Poñer un paso na beirarrúa a unha altura próxima ao parque para que os veciños poidan acceder á mesma sen correr riscos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.