O BNG pide maior seguridade nos accesos para a área lúdica do Castro en Castiñeiras


A área lúdica que existe na punta do Castro en Castiñeiras ten un acceso moi deficiente e moi perigoso. O BNG ten posto de manifesto en reiteradas ocasións que non abonda con rematar as obras, cómpre (e aquí está o máis complicado) vixilar que estas se axeitan ao acordado e cumpran as condicións de seguridade para as que foron proxectadas.


No caso do parque de Castiñeiras a veciñanza e o BNG, esiximosa creación dun tramo de beirarrúas de acceso ao recinto. Hoxe en día, non existe tal acceso e o perigo para nai/pais e crianzas é ben manifesto posto que tamén se carece dun paso de peóns en condicións que facilite o acceso. Tamén existe risco de caídas para os cativos por mor dun profundo desnivel que hai entre a rampla de acceso banda ao mar por mor da construcción do edificio de usos portuarios.


É por todo isto que o concelleiro do BNG Xosé Antón Parada, pedirá do concello:


A) Dotar ao tramo que vai do remate do paseo ata a entrada do Parque dun acceso acondicionado e seguro para todas as persoas usuarias do Parque.
B) Valar e sinalizar o profundo socavón que existe á entrada, entre a rampla e o edificio de usos portuarios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.