O BNG pide maior axilidade na execución das obras sen licitar do POS

O pleno extraordinario celebrado o 2 de febreiro de 2021 aprobou cos votos a favor de PP, PBBI, BNG, PSOE e abstención de SR o Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña que permite financiar unhas quince actuacións, reforzar os servizos sociais e reducir débeda.

Desde o BNG somos moi críticos coa parálise que está habendo no Concello de Ribeira, cun goberno incapaz de sacar as obras adiante e, polo tanto, impedindo dar resposta ás demandas veciñais. Neste sentido boa mostra da parálise á que nos refermios é, que no momento de aprobar o POS 2021, aínda non se executou ningunha obra do POS 2020. Ademais temos que lamentar como o atraso na realización das obras impide xerar emprego no municipio nun momento tan delicado como o actual.

O voceiro nacionalista, Xosé Vázquez Cobas, expuxo que malia incluírse varias obras demandas polo BNG e pola veciñanza, existe moito atraso con outras necesidades e moitas actuacións que “nin están, nin se lles espera por moito que para o señor Ruiz todo estea a piques de comezar”. Vázquez Cobas esixíu maior dilixencia á hora de sacar todo este paquete de obras e actuacións.

As obras que se van realizar son as seguintes:

A reforma solicitada polos comerciantes e o BNG da rúa Rosalía de Castro dende o cruce de Marcial del Adalid ata o cruce da rúa Irmandiños (Ribeira): 217.900€
A proposta do BNG para realizar pavimentación e  unha rede de pluviais dende a igrexa parroquial de Artes ata o Museo do Gravado (Artes): 161.142€
A proposta da veciñanza de Banda ó Río e do BNG para ampliar e renovar o parque infantil de Pedra Pateira (Ribeira): 171.831€
Rede de pluviais en Outeiro (Artes): 31.515€
Pavimentación, saneamento e abastecemento en Braña do Muro (Aguiño): 133.104€
Instalación de saneamento e abastecemento no lugar de Lombas (Palmeira): 206.774€
Pavimentación, pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira (Corrubedo): 92.687€
Instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Canabeiro (Oleiros): 134.377€
Pavimentación e renovación das redes de auga potábel e pluviais na rúa Luis Pimentel (Aguiño): 98.489€
Pavimentación, pluviais e saneamento na rúa da Chouza (Castiñeiras): 59.915€
Saneamento, pavimentación e abastecemento no lugar de Frións (Carreira): 154.081€
Saneamento no lugar de A Cucheriza (Olveira): 102.006€
Instalación de rede de saneamento e abastecemento no lugar de Sampedro (Palmeira): 130.919€
Pavimentación do camiño Vilar-Vixán (Carreira): 67.808€
Pavimentación e renovación da rede de auga potábel e pluviais na rúa Celso Emilio Ferreiro (Aguiño): 189.765€

Ademais destas obras que se nomean, van destinarse 262.161 euros para ampliar o servizo do fogar no municipio e 102.992€ á redución da débeda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.