O BNG pide estudar a localización dos contedores que obstaculizan beirarrúas e ocultan escaparates

O Concello de Ribeira fixo hai un tempo a reforma e ampliación das beirarrúas que que están no contorno da Praza do Concello sen que o goberno local planificase a instalación dos contedores de lixo. Isto, sumado ao recente cambio de contedores por outros de maiores dimensións, fixo que o goberno local tivera que poñelos enriba das beirarrúas ampliadas atrancando o paso das persoas viandantes e, en moitas ocasións, tamén ocultando os escaparates dos comercios. Este é o caso dos contedores que existen na Praza do Concello.


Segundo o concelleiro Luís Pérez Barral, “desde o Bloque temos sido críticos coa improvisación coa que se fan as obras en Ribeira en xeral, e coa colocación dos contedores, en particular”. En decembro do ano 2018 xa lle solicitaramos ao goberno local revisar as localizacións dos contedores para evitar atrancar beirarrúas, obstaculizar a circulación viaria e agora tamén lle piden que revisen daqueles contedores de lixo que ocultan os escaparates dos comercios. Isto pasa no centro de Ribeira mais tamén nas parroquias, nas que os contedores obrigan a baixar da beirarrúa para poder seguir transitando a pé.


Pérez Barral asegura que recibiron queixas de veciños e veciñas que viven na Praza do Concello por mor dos inconvenientes que lles provoca que estes contedores estean nese lugar, pois non ocupan a beirarrúa e ocultan a fachada de dous establecementos comerciais. Ademais a veciñanza tamén se ten queixado do grande ruído que fan os camións á hora de baleirar estes recipientes.


Por todos estes motivos, o BNGsolicita:



  • Que o Concello de Ribeira estude localizacións alternativas para os contedores sitos na Praza do Concello evitando causar molestias aos negocios.

  • Que o Concello de Ribeira faga unha planificación e revise a localización de moitos contedores que atrancan ou dificultan o tránsito pola beirarrúa e/ou ocultan escaparates de establecementos comerciais.

Un comentario en «O BNG pide estudar a localización dos contedores que obstaculizan beirarrúas e ocultan escaparates»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.