O BNG pide atender as demandas da veciñanza e revitalizar o Parque Natural

Pérez Barral cre que o documento ten importantes carencias que non responden ás demandas históricas e nace mal ao non ter participación dos colectivos ambientais e sociais

O BNG presentará alegacións coa disposición de aumentar as actuacións que revitalicen o Parque Natural

O BNG ribeirense reuniuse con colectivos veciñais para estudar o Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX) do Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán que acaba de presentar publicamente a Xunta de Galiza. Os concelleiros Xosé Vázquez e Luís Pérez e o responsábel local de ecoloxismo Vicente Paz mantiveron unha xuntanza con José Martinez voceiro de Persoas Afectadas do Parque e Manuel Reiriz, presidente da comunidade de Montes de Artes.

Os representantes dos colectivos veciñais expresáronlle aos membros do Bloque a súa preocupación por cuestións tan importantes como que hai zonas de labradío que pasarán a ter restricións máximas, falta de axudas para poder dedicarse aos labores tradicionais, carencia de investimentos que manteñan o parque en bo estado ou a falta de participación no plan foron algunas das cuestións tratadas na xuntanza. 

Desde o BNG consideramos que o documento presentado pola Xunta chega “tarde, mal e arrastro” por tres razóns; chega tarde porque o documento debería estar aprobado pouco despois de protexerse a zona en 1992, chega mal porque ten carencias importantes que non responden ás demandas históricas da poboación e chega arrastro porque nin tan sequera se falou coa veciñanza que posúe terreos na zona protexida.

Para o concelleiro Luís Pérez Barral, presentar un documento sen participación dos colectivos ambientais e sociais “é un erro de partida” e asegura que a Xunta “prentende aprobar o documento pola porta de atrás” ao deixar tan só 15 días para presentar alegacións é “síntoma do pouco que lle importa ao PP a natureza e os problemas que lles provoca á veciñanza as eivas que presenta o PRUX e a falta de investimentos” asegura o edil. 

O Partido Popular é o causante de moitos destes problemas, pois alén de estar gobernando na Xunta de Galiza e no Concello de Ribeira, é un dos seus membros o que preside a Xunta Consultiva do Parque. Se o parque está sumido nun absoluto estado de abandono, non hai investimentos suficientes e se esquecen as demandas veciñais, é por culpa da inacción do PP e dos seus membros en todos os órganos.

En contraposición, Pérez Barral avanzou que o BNG vai rexistrar alegacións que poden resumirse en 3 eixos fundamentais; máis investimentos para conservación da natureza, resolver as demandas  formuladas polos colectivos veciñais e promover actuacións que rivitalicen a zona natural.

O BNG alegará para que se atendan as demandas e se revitalice o Parque

O concelleiro Luís Pérez ten claro que o Parque “debe ser un espazo de protección pero tamén de dinamización social e económica” e para conseguir este equilibrio propoñen darlle maior participación aos colectivos a través da Xunta Consultiva, aumentar o número de gardas e guías para regularizar as visitas ou implementar un plan investimentos que melloren a conservación da natureza coa eliminación de especies invasoras, con especial atención á sobrepoboación do xarabil ou do eucalipto. Paralelo a isto, o BNG propón que se inclúan partidas económicas dirixidas ás persoas que son propietarias de terreos dentro da zona protexida que promova o cultivo terras, a apicultura, a silvicultura e outro tipo de actividades compatíbeis co entorno natural e que xeren riqueza. Por último, propoñen a creación dun selo de calidade que permita comercializar os produtos que se produzan no parque natural para identificalos como produtos ecolóxicos de gran calidade. “Estas son só algunhas das alegacións que presentaremos pero presentarémolas publicamente todas nos vindeiros días” concluíu Pérez Barral.

Un comentario en «O BNG pide atender as demandas da veciñanza e revitalizar o Parque Natural»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.