O BNG pide ampliar as zonas verdes e de lecer

No BNG ribeirense mantemos a aposta por aumentar as zonas verdes e as rúas con vexetación. Aproveintando o cambio na fachada marítima ao longo da avenida das Carolinas, a reforma suporá gañar espazo peonil, unión do carril bici de Coroso co do Touro, reorganización dos estacionamentos e debería vir dun grande aumento das zonas verdes.

Consideramos que Ribeira carece de zonas verdes e faise imprescindíbel aumentar a vexetación que hai nas rúas e prazas do municipio co fin de mellorar a calidade do aire e tamén a calidade de vida das veciñas e dos veciños, sobre todo nun contexto de pandemia onde tan necesarios son os espazos ao aire libre. Neste sentido, o concelleiro Luís Pérez Barral, aseguran que o BNG ten feito propostas construtivas e mesmo un plan denominado “Reverdecer Ribeira” para que o casco urbano e as parroquias gañasen espazos verdes nos que as persoas poidan descansar e desfrutar do seu tempo libre”.

Pérez Barral propón aproveitar esta reforma nas Carolinas para aumentar o número de árbores e arbustos polos múltiples beneficios que teñen, pois non só reducen a contaminación senón que tamén actúan sobor do clima aumentando a humidade do ambiente e diminuíndo a temperatura no verán, entre 2 ou 8 grados, proporcionando sombra e fresco no asfalto, na pedra e no cemento. Asegura o edil nacionalista que “se algo precisamos en Ribeira é menos cemento e máis vexetación e espazos de ocio porque os espazos verdes, as árbores e as plantas na cidade melloran a calidade de vida das veciñas e veciños contribuíndo na creación dun ambiente social, de convivencia, de educación ambiental e mesmo revalorizan o prezo dos inmobles e locais que hai nesas rúas”.

En base a todo isto e aproveitando que se van realizar cambios na avenida das Carolinas, o BNG solicitará que o Concello de Ribeira aproveite as obras de remodelación da avenida das Carolinas para plantar árbores de medio e gran porte pero tamén aumente o número de árbores que hai nas rúas do casco urbano e parroquias e aumente o número de espazos verdes.

Un comentario en «O BNG pide ampliar as zonas verdes e de lecer»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.