O BNG pide rozar a maleza e mellorar a accesibilidade nas beirarrúas de Artes

As beirarrúas que atravesan a parroquia de Artes non se caracterizan por seren amplas, máis ben todo o contrario, son bastante estreitas pero nalgúns puntos aínda se fan máis escasas debido á maleza que crece ou mesmo a sinais que dificultan o tránsito.

Recentemente o goberno local mandou colocar un sinal de paso de peóns no cruzamento que vai á igrexa, de tal maneira que estreita a beirarrúa nese punto poñendo dificultades ao tránsito peonil. Veciños da parroquia puxéronse en contacto co BNG para mostrar o seu malestar ante o que cualifican de “chafallada” porque obriga, ás persoas que levan carro de crianzas ou de compra, a baixar á estrada para poder continuar camiñando.

O portavoz nacionalista, Luís Pérez Barral, asegura que ademais deste sinal, é habitual ver como a maleza invade as corredoiras e parte do itinerario peonil nalgúns puntos das beirarrúas que atravesan Artes. “Ano tras ano a maleza invade as corredoiras porque non existe planificación, o goberno actúa a golpe de improvisación” denuncia Pérez Barral.

Ante esta situación demandarase que o goberno local mellore a planificación e proceda a rozar as cunetas e a vexetación que invade as beirarrúas e as calzadas das estradas, ademais pedirá que se recoloque o sinal de tráfico mencionado para evitar molestias no tránsito peonil nese punto.

O Partido Popular está sometendo ás parroquias de Ribeira a un abandono cada vez maior e a unha discriminación por falta de investimentos. “Ante esa parálise, falta de planificación e de investimentos, no BNG imos seguir traballando a carón da veciñanza, como xa estamos a facer, presentando propostas e iniciativas que melloren a calidade de vida da veciñanza” concluíu Pérez Barral.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.