O BNG leva ao Parlamento as obras da vía rápida

O BNG, por medio das deputadas Ana Pontón e Carmen Dasilva, presentou unha iniciativa no Parlamento Galego relativa as obras de vía de alta capacidade da Barbanza (vía rápida) para a súa conversión en autovía.

Na mesma indican que “é unha infraestrutura moi esperada” na comarca da Barbanza. Tamén resaltan que “foron moitos os problemas desta vía desde a súa posta en funcionamento, que ten o triste e dramático “record” de ser un dos viais galegos con maior índice de sinistralidade.” Consideran, por iso, que “a actuación do Goberno debe ser de vixilancia de que a execución das obras se axuste aos prazos establecidos e que se adopten as medidas necesarias para que o desenvolvemento das mesmas cause os mínimos impactos no medio.”

Tamén poñen de manifesto a existencia de “preocupación e dúbidas sobre algunhas actuacións que se están desenvolvendo na execución deste desdobramento.” Sinalan que “nesta obra estanse facendo grandes movementos de terras e acumulacións importantes moi próximas a canles fluviais.”

Resaltan que “de non adoptárense medidas, en canto veñan chuvias estes aterramentos poden causar problemas debido ao arrastre destes materiais.” Por esta razón solicitan que se adopten medidas preventivas para evitar que poidan resultar danados os bancos marisqueiros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.