O BNG interésase polo futuro do centro social de Carreira e pola seguridade viaria na Graña

Centro Social Carreira BNG RibeiraCentro Social Carreira BNG RibeiraA obra do Centro Social de Carreira foi realizada polos Obradoiros de emprego Vionta e Tahúme. Rematados estes, o novo obradoiro cambiou a orientación dos seus proxectos, o que ten provocado a paralización total dos traballos quedando a obra a medio realizar. Á vista do realizado parece claro que, de prolongarse a paralización, a exposición á intemperie producirá deterioro na estrutura xa construída e existindo risco de que a obra se estrague tras investir centos de euros.


Por iso, o veciño e concelleiro Xosé Antonio Vázquez Cobas, en nome do BNG solicitará a seguinte información:


1. Que o equipo de goberno diga que plans que ten para continuar coa obra tan demandada pola veciñanza?
2. Cando se retomará a súa construción?


- Mellorar a seguridade viaria no lugar da Graña:Beirarrúa para a Graña Carreira BNG Ribeira


En Carreira, unha das principais estradas é a que comunica coa Graña, Couso e Aguiño. Soporta un transito elevado de vehículos pesados xa que é a vía de acceso as instalacións industriais de Couso. Ao seu paso polo núcleo da Graña, carece de beirarrúas para o servizo e seguridade da veciñanza. É fácil imaxinar os inconvenientes que xera o transito á beira da porta da casa agravados ao carecer dunhas condicións mínimas de seguridade. O trazado sinuoso da estrada diminúe a visibilidade tanto para os condutores/as como para os veciños e veciñas o que aumenta o risco de atropelo e por iso cómpre dotala de beirarrúas.


Beirarrúa para a Graña Carreira BNG RibeiraPor iso, o grupo municipal do BNG facéndose eco da demanda veciñal solicita do Pleno da corporación municipal a adopción do seguinte acordo:


1. Que o Concello de Ribeira xestione a inclusión desta obra no próximo Plan de Obras da Deputación da Coruña.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.