O BNG insta ao goberno local a visibilizar o dominio «.gal»

A Corporación Municipal do Concello de Ribeira aprobaba por unanimidade, na sesión plenaria de setembro de 2014 a proposta do BNG de rexistrar e activar o Punto Gal no enderezo da web institucional. Porén, o executivo local dirixiu este dominio ao .es, á inversa do que cómpre para a súa promoción como elemento identificador de país e de idioma.


puntogal Ribeira BNGPara o BNG, é necesario tamén mudar os correos electrónicos corporativos, cun proceso temporal de transición en que se redirixan, para implantar de xeito definitivo o dominio galego nas comunicacións do Concello de Ribeira coa veciñanza e outras administracións. Este proceso xa foi realizado con éxito noutras administracións públicas, caso de Concellos, Deputacións e mesmo a propia Xunta de Galiza o está a realizar.


Xa que logo e en concordancia co acordo adoptado por unanimidade entendemos que sería bo seguir promocionando o dominio propio mediante o cal a lingua e cultura galega gañan en visibilidade en Internet e nas comunicacións dixitais.


En base a todo o anteriormente exposto, Luís Pérez Barral solicitará en nome do BNG os seguintes acordos:


- Que Goberno local redirixa estableza o dominio do Punto Gal como preferente na web institucional, redirixindo o .es ao .gal, así como tamén iniciar o proceso de implantación do mesmo dominio nos enderezos electrónicos.


- Que o Goberno local siga promocionando o dominio .gal nas notas de prensa, promoción e publicidade do Concello de Ribeira.

Un comentario en «O BNG insta ao goberno local a visibilizar o dominio «.gal»»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.