O BNG expresa a súa máis enérxica condena

O BNG expresa a súa máis enérxica condena perante o execrábel asasinato de Isaías Carrasco

Os nacionalistas galegos suspenden todos os actos de campaña

Santiago de Compostela, 7 Marzo 08. O Bloque Nacionalista Galego quer expresar a súa máis enérxica condena perante o execrábel asasinato de Isaías Carrasco, tiroteado hoxe por un terrorista de ETA.

O BNG transmite as súas condolenzas aos familiares e achegados desta nova vítima mortal de ETA, así como a súa solidariedade ao Partido Socialista, do que Isaías Carrasco era militante.

O BNG vai suspender todos os actos programados para o último día de campaña, como testemuño da súa repulsa perante a barbarie terrorista e como tributo solidario en homenaxe a Isaías Carrasco.

A violencia terrorista repugna a conciencia de todos os demócratas e ofende tamén a conciencia profundamente pacifista do pobo galego. A miseria moral do terrorismo representa un intolerábel atentado contra os dereitos humanos máis elementais e obriga a todas as forzas políticas democráticas, a todos os pacifistas, a manter unha acción unitaria e a non facer uso político nen eleitoralista da violencia.

Este é o momento da unidade entre os demócratas o momento da fortaleza do Estado de Dereito e da democracia fronte a iniquidade dos terroristas.

Un portavoz do BNG vai asistir esta mesma tarde ás 18.00 horas no Congreso a unha reunión das forzas políticas democráticas para analizar a situación criada tras este execrábel atentado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.