O BNG esixe que a veciñanza teña participación nos proxectos que se fagan en Palmeira

Concentración Palmeira contra a actuación de Portos de Galiza


Onte apoiamos a concentración da veciñanza de Palmeira para esixir que Portos de Galiza rectifique a actuación desenvolvida na explanada portuaria. Os membros do BNG, Cruz Rivadulla e Luís Pérez Barral trasladáronlle o apoido do Bloque ás veciñas e veciñas concentradas e defenderon que a veciñanza debe ter voz e voto nos proxectos que sen fan na parroquia.


A actuación, feita unilateralmente polo Partido Popular, ten unha forte contestación social pois nin se presentou nin consensuou con ninguén. Manuel Ruiz mente descarademente cando di que non sabía que esa actuación se ía realizar pois acordaron levala adiante o propio Ruiz e a presidenta de Portos, Susana Lenguas, nunha xuntanza mantida o pasado mes de decembro.


Portos debería gastar os cartos en mellorar o deficiente estado de mantemento en que teñen os peiraos do municipio no canto de poñer barreiras que quitan estacionamentos e son auténticos obstáculos á accesibilidade.


Por último, alén de trasladarlle o apoio do BNG á veciñanza, avanzamos que poremos a situación en coñecemento da deputada nacionalista Rosana Pérez, para esixir no Parlamento de Galiza que Portos rectifique e que todos os proxectos que se fagan no municipio teñan, necesariamente, o consenso e a participación da veciñanza.


Concentración Palmeira contra a actuación de Portos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.