O BNG esixe actuar ante un afundimento na estrada xeral en Artes

Pérez Barral: “hai un mes que se lle notificou e hai perigo para as persoas”

Na parroquia de Artes abriuse un buraco na estrada xeral (CP-7304) á altura do cruzamento coa igrexa parroquial que está causando preocupación ante algúns veciños e veciñas que teñen que pasar por aí todos os días e temen que a estrada continúe a se afundir.

Cando inspeccionaron o burato comprobamos que ten unhas dimensións considerábeis e supón un perigo para todas as persoas que discorren por esa zona e que non son poucas, pois nas inmediacións atópanse catro negocios e é camiño de paso para acudir á igrexa parroquial.

O concelleiro, Luís Pérez Barral, estivo falando con algúns veciños e veciñas que lle trasladaron a preocupación de que algunha persoa poida facerse dano se non o ve a tempo ou mesmo que un vehículo poida deixarse unha roda. A veciñanza teme que coas chuvias o burato continúe medrando e se afunda parte da beiravía.

Pérez Barral asegura que o burato ten medio metro de profundidade e está nunha zona de bastante tránsito. Malia que o BNG puxo en coñecemento do goberno local a existencia deste perigo para as persoas e a seguranza viaria hai máis dun mes, nada se fixo ata o momento. “O desleixo e abandono que sofren as parroquias é tal que nada se fixo” declarou o edil nacionalista.

Parroquias esquecidas

No Bloque consideramos que o equipo de Ruiz Rivas discrimina as parroquias do municipio “non hai máis que ver como o seu abandono é absoluto”, aesguran. Cremos que se deberían mellorar os investimentos que se fan parroquias, consultando as prioridades dos veciños e veciñas para poder darlles unha resposta axeitada.

Para exemplificar esas discriminacións mencionan os casos concretos de Artes ou Corrubedo como parroquias cuxos investimentos son case inexistentes ou mesmo Carreira que leva agardando o remate do centro social desde 2013, unha obra que os nacionalistas xa comparan coa “obra do Escorial” polos seus reiterados atrasos. Lembramos que estamos a disposición da veciñanza para procurar solucións ás demandas que teña cada parroquia e que esixiremos do goberno local maior atención e axilidade na procura de solucións e investimentos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.