O BNG esixe a comparecencia do alcalde de Ribeira pola sanción de 203.000€ imposta ao concello

O pasado día 11 de xuño o Bloque Nacionalista Galego de Ribeira coñecía polos medios de comunicación, que a sección terceira da sala do contencioso adminstrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) ditaba unha sentenza a finais do mes de abril, onde se lle impuña unha sanción ao Concello de Ribeira de 202.965€ por mor da rotura dun emisario da decantadora do Touro. Este feito provocou un importante episodio de contaminación marítima que lle afectou a polígonos bateeiros e repercutiu negativamente na súa produción.
O BNG esixe a comparecencia do alcalde de Ribeira ante a sanción de 203.000 imposta polo TSXG


Denunciamos a actitude irresponsábel do goberno local por ocultación de información moi relevante, que debeu ter posto en coñecemento dos gurpos da Corporación Municipal de xeito inmediato. Esta ocultación de información supón unha vulneración da lexisalción vixente en tanto en canto nos oculta información vital para o futuro das arcas públicas e impedindo un correcto desenvolvemento do noso labor fiscalización. A información da Xunta de Goberno Local non aclara nada, pois só se fai mención en 2 parágrafos de que se van pagar 203.000€, unha sanción tan importante debía ser comunicada verbalmente e non camuflada entre centos de documentos sen máis explicación.


Ante a gravidade do tema, esiximos que se convoque unha sesión plenaria extaordinaria para que o alcalde dea explicacións detalladas deste asunto, pois a elevada contía da sanción (202.965€) vai traer consecuencias para a estabilidade orzamentaria e económica do municipio. O BNG porase en contacto cos restantes grupos da Corporación Municipal para que, no caso de se negar a comparecer o alcalde, haxa unha sesión extraordinaria se o decide 1/4 das concelleiras e concelleiros.


O BNG xa advertira da situación en 2007, ano no que se produciu a denuncia. Finalmente lamentamos que a veciñanza teñamos que pagar a mala xestión en materia de saneamento levada a cabo durante anos, polo goberno do Partido Popular á fronte do Concello de Ribeira.


Ante todo isto o Grupo Municipal do BNG solicita:


Que se convoque unha sesión plenaria extraordinaria na que compareza o alcalde de Ribeira para dar explicacións públicas sobre a ocultación de información neste asunto e informe que consecuencias traerá para a economía deste municipio.


Vídeo: O BNG esixe un pleno extraordinario onde o alcalde dea explicacións

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.