O BNG e veciñanza de Palmeira exixen o remate da obra da rúa Miñoteiro

Pilar Sampedro denuncia a mala xestión do PP por non amañar a rúa antes das chuvias


O Concello de Ribeira adxudicaba en marzo de 2018 unha actuación destinada a renovar a rede de recollida de augas pluviais e a pavimentación na rúa Miñoteiro en Palmeira.


A obra que ten un custe de 78.650€, tiña un prazo de execución de catro meses desde marzo e na actualidade está paralizada o que está levantando un grande malestar entre a veciñanza de Palmeira polos problemas que lles ocasiona entrar e saír das súas vivendas.


A concelleira Pilar Sampedro Laranga argumenta que “coa chegada das chuvias, o terreo convértese nunha lameira que dificulta aínda máis o paso das veciñas e dos veciños”.
Sampedro Laranga explicou que “este é un exemplo máis da mala xestión do equipo do Partido Popular pois a pesar de que xa houbo queixas pola lentitude no remate desta obra, nada se fixo para rematala antes das chuvias e evitar así as molestias que se lle están ocasionando aos veciños e veciñas”.


Ante esta circunstancia, o BNG púxose en contacto con veciños e veciñas e comprobou que o malestar é crecente pois esta situación causa moitas molestias de mobillidade e lixo. Por todos estes motivos, a concelleira nacionalista rexistrou unha iniciativa para saber os motivos desta parálise e exixir que se remate sen demora a obra da rúa Miñoteiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.