O BNG denuncia por terceira vez a inseguridade dunha casa ruinosa en Padín

O Bloque Nacionalista Galego insta ao goberno local, por terceira vez, a realizar de maneira inmediata as tarefas de consolidación oportunas ante o risco de que unha vivenda situada en Padín se veña abaixo. A vivenda en cuestión presenta importantes gretas e fisuras e corre o risco de virse abaixo.

É necesario realizar actuacións urxentes e inmediatas para consolidar a fachadas da vivenda que eviten a caída de cascallos como aconteceu esta semana. O portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, detallou que non é a primeira, nin a segunda vez que notifican desta cuestión ao goberno local pero este non actúa. “Débese actuar xa para evitar riscos e danos persoais” asegurou Pérez Barral, a quen lle preocupa que en calquera momento poidan desprenderse máis anacos.

Segundo Pérez Barral os desprendementos desta semana foron imporantes xa que obrigaron a impedir o acceso ao parque de Padín polo risco que hai para a seguridade das persoas. “Disto xa informamos en abril e novembro de 2021 pero o señor Ruiz e o seu goberno non actúan, cando pensan facelo? Cando haxa que lamentar algunha persoa ferida? pregúntase o concelleiro nacionalista.

Por todo isodesde o BNG urximos ao executivo local a que interveña ante unha situación que cualifican de moi perigosa ao atoparse nun parque infantil e nunha zona de moito tránsito de persoas que acoden ao coñecido supermercado que hai alí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.