O BNG denuncia o roubo de material electoral

O Bloque interpón unha denuncia na policía para que se investiguen os feitos

O BNG ribeirense interpuxo unha denuncia na comisaría da policía para que se investigue o roubo de diverso material informativo que empregaron na campaña electoral e que foi roubado dos soportes nos que estaban instalados.

O responsábel de comunicación e concelleiro, Luís Pérez Barral, declarou que “decidimos interpoñer unha denuncia por ser unha cantidade considerábel de material que pagamos cos nosos recursos e coas achegas da militancia”. Segundo Pérez Barral, non é a primeira vez que se cometen actos vandálicos ou esnaquizan cartelaría do BNG, “mais esta vez non imos ficar parados porque levaron material dunha rúa, dunha praza e de toda unha parroquia, é demasiado”.

Na nosa opinión, este roubo responde á carraxe que algunha xente intolerante ten contra o nacionalismo galego, nomeadamente o BNG, cuestión acrecentada polo auxe da extrema dereita. Partidos como o PP contribúen a “branquear” unha forza xenófoba, racista, machista e antigalega que promove discursos de odio.

Desde o BNG afirmamo que accións como as acontecidas atentan contra os valores democráticos e de convivencia que, o pobo galego, sempre demostrou. Mostramos a nosa repulsa ante estes “feitos intolerantes” e que non respectan a diversidade de ideas máis elemental. “Non van amedrentarnos, nin van conseguir paralizar a actividade do Bloque”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.