O BNG denuncia o caos ao que o goberno do PP somete á Policía Local

No día de onte saíu á luz pública a mala situación na que se atopan os vehículos da policía local de Ribeira. Os vehículos policiais para facer patrullas, atópanse totalmente inutilizables pola falta de previsión do goberno do Partido Popular e por culpa da inexistencia de partidas orzamentarias axeitadas para o seu renove. Porén, o sacrificio e bo labor da propia policía local fai que saian patrullar nun coche que non lles corresponde e mesmo en motocicleta, cunhas condicións meteorólixas de chuvia e vento. Desde aquí mostrasmos o noso apoio ao equipo da Policía Local.Policía Local Ribeira BNG


Cómpre lembrar que estes dous vehículos non son os axeitados para facer labores de vixilancia, saídas a emerxencias ou traslado de detidos/as, posto que non contan con equipos sonoros nin luminosos regulamentarios cos que circular de xeito prioritario e axilizar a súa chegada ao lugar da emerxencia, nin tampouco conta con cristal protector entre os asentos traseiros e dianteiros que illan aos detidos no momento do traslado para maior seguridade dos e das profesionais.


Todo esta situación prodúcese pola incompetencia e a falta de previsión do Partido Popular cando hai apenas 3 meses aprobaron o Orzamento 2014, no que non contemplaron partidas para a adquisición e mellora nos vehículos policiais e tan só unha partida de 4.000€ para reparacións de todos os vehículos.


Estes graves feitos non só prexudican aos profesionais no seu labor diario, senón que directamente vese afectada toda a veciñanza ribeirense e todas as empresas que se atopan no noso municipio ao mermar un servizo de seguridade imprescindible para un concello de case 30.000 habitantes e con nove parroquias.


Desde o BNG pediremos explicacións por esta circunstancia ao concelleiro de seguridade e mobilidade cidadá ao cal lle preguntaremos:


1. Viuse reducido o número de patrullas pola falta de vehículos policiais?
2. Habilitarase unha partida orzamentaria para a adquisición de novos vehículos?

Vídeo: O BNG critica que o PP deixa sen coches a Policía Local

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.