O BNG denuncia a páralise de obras no Concello de Ribeira e esixe rematalas

O BNG ribeirense rexistrou unha iniciativa no concello para esixir que o goberno local remate diversas obras levan anos paralizadas por valor de máis dun 1.200.000€, algunha delas chegando ao punto de acumular máis de 5 anos de atrasos.

Denunciamos que “a parálise do goberno de Ruiz Rivas é total” e lamentan que haxa obras tan necesarias e urxentes que están paralizadas e non se sabe cando se van realizar. Este é o caso da estación de autobuses, que se derrubou en 2018 e que a día de hoxe os usuarios e usuarias do transporte público apenas teñen unhas marquesiñas para resgardarse os días de mal tempo. Para o voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas, esta é unha mostra do mal facer do goberno local pois a pesar de ter consignados 425.000€ aínda non se moveu unha pedra. Vázquez lembrou como desde o Bloque se tiña pedido non derrubar a antiga estación até non ter feita a nova, pero “o PP decidiu comezar a casa polo tellado e derrubar a antiga parada sen ter feita a nova, isto é un desastre” argumentou.
Desde o BNG tamén reparamos no deterioro do edificio da Unidade de Atención a Drogodependentes (UAD) e a parálise das obras de rehabilitación que aínda non comezaron. “Hai unha partida de 420.000€ para executar esta rehabilitación tan necesaria pero vemos que as obras non se comezan e isto é por culpa do deslexido do goberno do Partido Popular” recriminou Vázquez Cobas

Parroquias esquecidas

Tamén temos que lamentar o abandono que sufren as parroquias cuxa falta de investimento é palpábel. Para exemplificalo, Vázquez Coba,s lembra como o centro social de Carreira acumula máis de cinco anos de atraso pois no ano 2016 aprobábase unha partida de 266.400€ para rematar as obras pero a día de hoxe segue sen facerse “parece a obra do Escorial” lamentou Vázquez, que recrimina como o Partido Popular abandona as parroquias.

Ante esta situación, o BNG rexistrou unha iniciativa para que se comecen de maneira inmediata as obras e se executen eses máis de 1.200.000€, permitindo rematar unhas infraestruturas e obras moi demandadas pola veciñanza e creando postos de traballo.

3 comentarios en «O BNG denuncia a páralise de obras no Concello de Ribeira e esixe rematalas»

  1. Suma e segue. As parroquias non teñen valor nas tomas de decisions,si arranxar vías e separar pluclviais e fecais son as prioridades do Goberno ademais da reordenación do tráfico xunto con unha ducia de macetas, apaga e vámonos. Deben de ser actuacións únicas en prol do valor do rural e a súa entorna.Boa iniciativa, lembrar para non esquecer

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.