O BNG denuncia a existencia de vertedoiros incontrolados en Couso e San Roque

O BNG foi alertado pola veciñanza da existencia de varios vertedoiros incontrolados nos lugares de San Roque en Ribeiar e Couso en Aguiño polo que procedeu a rexistrar senllas iniciativas para que se poña solución a este grave problema ambiental.

O voceiro da formación nacionalista, Xosé Vázquez Cobas, comentou que no parque de San Roque existe un vertedoiro de residuos sólidos voluminosos como mobles, colchóns, entullos de obras, plásticos… que supoñen un grave problema ambiental de contaminación. Vázquez Cobas asegura que estes residuos “deben ser levados ao punto limpo xa que están a contaminar e a degradar un parque público moi frecuentado pola veciñanza”.

Este un problema recorrente no concello polo que cremos necesario poñer en práctica políticas de información para a veciñanza sobre o sistema de recollida deste tipo de residuos voluminosos así como aumentar a vixilancia policial para sancionar aquelas prácticas que deterioran os espazos públicos e contaminan o medio natural.

Desde o BNG instamos ao goberno local a aumentar o coidado do medio natural ante a cantidade de problemas cos residuos que se detectan nos montes, praias e ríos do municipio. “A desidia neste eido é absoluta, o goberno local debe poñerse as pilas nas políticas ambientais” asgurou Cobas.

Un comentario en «O BNG denuncia a existencia de vertedoiros incontrolados en Couso e San Roque»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.