O BNG demanda a reparación e instalación de fontes públicas

Vázquez Cobas cre que o acceso á auga é un dereito fundamental

Desde o Bloque Nacionalista Galego acabamos de presentar unha iniciativa no Concello de Ribeira destinada a garantir a subministración de auga potábel a toda a veciñanza a través de fontes públicas. Cremos que Ribeira debería comezar a dotar os seus espazos públicos de fontes de auga nas que a veciñanza poida calmar a súa sede sen ter que mercar auga embotellada.


O voceiro da formación, Xosé Vázquez Cobas, exemplificou a falta de interese do goberno local co mantemento dalgunha das fontes do paseo marítimo das Carolinas e Coroso que, malia ser un dos máis transitados pola veciñanza “atópanse nun estado de mantemento deplorábel”. Vázquez Cobas tamén lamenta que obras novas, como o paseo do Touro, carezan deste servizo “fundamental” o que deixa en evidencia que o Partido Popular non planifica as obras que se realizan.


Desde o BNG propoñen que se instalen fontes públicas de auga potábel en espazos públicos que teñen un fluxo considerábel de persoas como prazas, parques e paseos marítimos pois “o acceso á auga é un dereito básico”, os nacionalistas cren ademais que coa posta en marcha desta medida contribuiríase a reducir o uso de botellas de plástico.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.