O BNG ribeirense mantén a súa firme aposta por dotar a Ribeira dos aparcadoiros gratuítos que precisa para facer posíbel que as veciñas e veciños que se achegan ao centro da vila poidan estacionar os seus vehículos e realizar as súas compras e recados. O voceiro da formación nacionalista, Xosé Vázquez Cobas, explicou que non é a primeira vez que o BNG rexistra iniciativas para dotar a Ribeira de estacionamentos gratuítos, con bo firme e iluminación. Vázquez esgrimiu que na súa formación “sempre se apostou por aumentar o número de aparcadoiros gratuítos pero en condicións axeitadas”.
O Bloque acusa ao goberno de Ruiz de estar dilapidando cartos públicos no alugueiro dunha parcela nas Avesadas deixándoa sen arranxar desde o ano 2018, e impedindo que poidan estacionar até 150 vehículos. Cualificamos este feito de “vergoñento” e lamentamos que a parálise do goberno local con todas as obras do municipio pois “comézanas pero nunca as rematan” o que demostra a súa incapacidade para sacar adiante os proxectos necesarios para o benestar da veciñanza. Ademais afeámoslle ao executivo local que non é lóxico que vender como alternativa para deixar o coche parcelas sen iluminación que no inverno son unha lameira e no verán terreos cheos de maleza e lixo.
Remunicipalización do Centenario
Por outra banda, Vázquez Cobas criticou a política do PP por privatizar no seu día dese aparcadoiro provocando un encarecemento nos prezos e un caos na xestión. Cobas fixo fincapé en que no BNG apóstase pola remunicipalización do aparcadoiro do Centenario con tarifas reducidas e bonificacións para aquelas persoas que mercan no comercio local. Esta medida, finalizou Cobas, permitiría axudar ao comercio local a mellorar as súas vendas e tamén se aumentaría o número de estacionamentos, algo moi necesario sobre nun momento tan delicado como o que están a pasar.
Por todos estes feitos, o BNG ribeirense vai instar ao goberno local a que se adecúe a parcela das Avesadas con bo firme e iluminación para deixar os vehículos así como acelerar o proceso para remunicipalizar o Centenario.
Un comentario en «O BNG demanda a posta en marcha dun novo aparcadoiro gratuíto»