O BNG de Ribeira critica a mala xestión do servizo de guindastre de Ribeira


Desde o BNG consideramos que o Concello de Ribeira ten un volume de vehículos que fai imprescindíbel un servizo permanente de guindastre para a retirada dos coches da vía pública. Entendendo por permanente un servizo presencial no concello as 24 horas do día, os 365 días do ano. Na actualidade está a prestar o servizo unha empresa e en verbas do voceiro municipal “non é tolerábel que o Concello preste servizo cunha empresa de fóra da localidade (e da comarca) cando existen no noso municipio e poderían crear emprego”.


O BNG mantivo un encontro con representantes de empresas ribeirenses que poderían prestar este servizo e constatou as mentiras que o goberno local empregou para lavar as mans. Desde o BNG desmentimos que non haxa interese por parte das firmas locais, o que hai é falta de interese e mal goberno do goberno municipal para prestar este servizo de maneira axeitada, ben sendo de maneira pública ou ben sendo con empresas da localidade.


É por isto polo que o BNG lle solicita a seguinte información ao Concello de Ribeira:


1º Cre razoábel o goberno municipal contratar un servizo de guindastre de fóra do concello – e da bisbarra – habendo no concello empresas dispostas a prestar este servizo?


2º Cal é o tempo medio de resposta do guindastre para retirar un vehículo dun vado nun servizo ordinario? Estanse atendendo estas retiradas?


3º Desde o momento que se mobiliza o guindastre, canto lle custa ás arcas públicas?


4º Paga o Concello a mesma contía se presta o servizo ao completo que se se anular cando aínda está en camiño?


5º Téñense detectado problemas na posíbel retirada de vehículos os sábados nos que hai mercado?


6º Ten o goberno previsión de sacar a licitación, municipalizar ou contratar este servizo no noso concello proximamente?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.