O BNG condena a vandalización do banco coas cores LGBT de Palmeira

O BNG mostra a súa repulsa por un novo acto vandálico contra un dos bancos que se puxeron por todo o municipio coas cores do colectivo LGBT coa finalidade de darlle visibilidade á loita polos dereitos persoas. Concretamente, no banco de Palmeira, borraron a palabra “orgullo” e pintaron un pene.

O concelleiro nacionalista, Luís Pérez Barral, lamenta que esta non é a primeira acción homófoba que se rexistra neste concello pois xa houbo que repoñer o banco coas cores LGBT que os intolerantes romperon en Aguiño. “Como sociedade temos que facer unha reflexión no só para deixar claro que a violencia non pode ter cabida senón tamén para illar a quen emite e promove eses discursos de odio. Porque detrás do machismo, do racismo, da xenofobia, de fobia LGTB hai unha mesma raíz: a da intolerancia, á que hai que responder dicindo que eses discursos non teñen cabida na nosa sociedade”.

Desde o Bloque remarcamos que LGBTfobia non ten cabida en ningún ámbito da nosa sociedade, xa que atenta contra a convivencia, o respecto para a diferenza e a diversidade, piares básicos que deben sustentar calquera sociedade democrática e plural e cren que a maioría da sociedade ribeirense é tolerante e rexeita este tipo de actos.

Un comentario en «O BNG condena a vandalización do banco coas cores LGBT de Palmeira»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.