O BNG comprométese a traballar para as parroquias

Vázquez Cobas pediu desde Castiñeiras maior atención para “as esquecidas de Ruiz”, as parroquias de Ribeira



O Bloque ribeirense recibiu a chamada de varios veciños de Castiñeiras ante algunhas eivas que padecen desde hai meses sen que sexan solucionadas. O voceiro do BNG Xosé Antonio Vázquez Cobas estivo en Castiñeiras e tamén no lugar de Areeiros para comprobar “in situ” as peticións veciñais. No paseo da praia do Castro os veciños trasladáronlle a necesidade de renovar ou mellorar o estado de conservación das xardineiras e das árbores polo seu mal estado.


Por outra banda, tanto na zona de Areeiros como na de Castiñeiras, existen tramos de beirarrúa que están esnaquizados, lles nace abundante vexetación ou mesmo teñen sinais e farois no medio, o que dificulta a accesibilidade ou supoñen un risco xa que poden provocar caídas.


Traballo para darlles vida


O voceiro do Bloque declarou que “o PP gasta unilateralmente millón e medio para o Malecón mentres as parroquias esmorecen” pois non é lóxico que nin tan sequera se fagan pequenos traballos de mantemento arranxar estes problemas. Fronte o esquecemento que padecen por pate do PP, o voceiro nacionalistas aproveitou para trasladarlle aos veciños que se solicitarán estas melloras como xa teñen feito cos problemas da EDAR ou o acceso peonil á área verde do Castro.
Tamén se mencionou propostas do BNG para dotar a Corrubedo dun centro socia, rematar o de Castiñeiras, pavimentacións e saneamentos en Artes e Palmeira, entre outras.


A veciñanza ten no Bloque un equipo disposto a darlle vida ás parroquias pois o BNG está comprometido coas súas necesidades” concluíu Vázquez Cobas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.