O BNG comprométese a seguir defendendo os dereitos das persoas e mellorar Servizos Sociais

O BNG-AA vén de se reunir coa presidenta do Colexio Oficial de Traballadores Sociais de Galiza, nunha xuntanza convocada pola plataforma Stop-Desafiuzamentos da Barbanza. Ánxela Franco Pouso. BNG


Na xuntanza estiveron alén doutras persoas e organizacións, membros da plataforma Stop-Desafiuzamentos da Barbanza, a presidenta do Colexio Oficial de Traballadores Sociais de Galiza Marta Capeáns, a deputada de benestar social e igualdade do goberno da Deputación da Coruña, Ánxela Franco e os edís do BNG Ribeira Pilar Sampedro Laranga e Antón Parada Fernández.


Tratáronse asuntos relacionados co funcionamento dos Servizos Sociais que cómpre potenciar para que sexan máis áxiles e funcionais á hora de atender as necesidades da xente que solicita estes servizos. Por outra banda tratáronse as problemáticas que están chegando, algunhas delas xa denunciadas polo BNG e nas que seguimos pedindo solucións tales como; cortes de electricidade por imposibilidade de pagar, problemas cos alugueiros sociais, reclamación de pagos a familias sen ingresos, excesiva burocracia, problemas coas entidades bancarias…


Así pois a presidenta do COTSG achegou ás tres compañeiras do BNG, un documento no que se valoran 18 medidas básicas para facermos un servizo funcional ás necesidades existentes. Pilar Sampedro Laranga e Xosé Antón Parada Fernández. Concelleiros BNG Ribeira


Tanto os compañeiros do BNG Ribeira como a deputada provincial Ánxela Franco, comprometéronse a colaborar e apoiar as demandas das entidades sociais, loitar polos dereitos das persoas. Desde as institucións seguiremos traballando para potenciarmos os Servizos Sociais dotándoos de maior financiamento para atender todas as necesidades actuais e non deixando as axudas en mans da beneficiencia, así como reducir burocracia para axilizar as axudas.


Medidas propostas polo COTSG:
1-Defensa dos dereitos sociais. Non á beneficencia.
2-A Constitución debe garantir os dereitos sociais e o acceso aos servizos sociais como un dereito fundamental.
3-Creación dunha Lei Marco en Servizos Sociais.
4-Financiamento e prevalencia do Público.
5-Un sistema de Servizos Sociais realmente universal e de proximidade.
6-Suficientes cocientes de profesionais nos Servizos Sociais.
7-Restitución dos niveis mínimos de consenso e financiamento do Plan Concertado.
8-Modificación da Lei de Contratación Pública.
9-Catálogo de referencia de prestacións de servizos sociais e novas necesidades sociais.
10-Tarxeta Social (xa recollida na Lei de Servizos Sociais de Galicia).
11-Garantía de ingresos mínimos e prestación social de inserción.
12-Derrogación da reforma da Administración Local.
13-Modelo de servizos sociais alternativo desde o traballo social.
14-Coordinación e atención sociosanitaria.
15-Derrogación do RD 20/2012 do 3 de Xullo sobre dependencia.
16-Necesidades emerxentes que provocan grave desigualdade.
17-Pacto pola infancia e Servizos Sociais.
18-Tecnoloxías da información e a comunicación TIC.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.