O BNG celebra os avances para a consecución da sede do Club de Remo e avisa que estará vixiante

Celebramos con certas reservas a recente publicación no Diario Oficial de Galiza (DOG) que anuncia a concesión da parcela de Portos ao Concello de Ribeira para construír a sede de deportes náuticos na que acoller ao Club de Remo.

Segundo o grupo municipal nacionalista este equipamento é unha necesidade urxente para os deportistas que practican remo xa que as instalacións actuais non reúnen os mínimos de seguridade nin de confortabilidade ao non dispoñer de auga quente, vestiarios, foso de adestramento, espazo para estudo, etc.

O portavoz do BNG Luís Pérez Barral e a concelleira Cruz Rivadulla, mostran a alegría de que “por fin parece que as cousas comecen a desbloquearse tras anos de xestión nefasta e de parálise nas que o Partido Popular andivo ás voltas facendo ata sete proxectos sen chegar a materializar ningún deles”. Barral asegura que “se Ribeira vai dispoñer dun equipamento destas características, vai ser grazas ao traballo e insistencia do propio Club de Remo e do BNG”.

A pesar do anuncio publicado no DOG, mostramos as nosas reservas xa que este equipamento leva prometéndose desde o ano 2018 e mesmo se asegurou que estaría finalizado en 2020.

Ante a nefasta xestión e as promesas incumpridas, Pérez Barral advirte que o Bloque non consentirá que o proxecto sexa un “anuncio electoral”. Neste sentido, avanzou que o BNG manterá a iniciativa plenaria que rexistraron coa proposta de crear unha comisión de seguimento que se reúna cada certo tempo para posibilitar a súa consecución no menor tempo posible. “Imos seguir traballando a carón do club para que sexa unha realidade máis pronto que tarde” concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.