O BNG aposta por plataforma única nas rúas e parques inclusivos para mellorar a accesibilidade

Xosé Vázquez Cobas: “non pode ser que haxa novas obras que dificulten a vida das persoas con mobilidade reducida”


O BNG achegouse hoxe ao Malecón ribeirense para exemplificar como unha obra nova que debería facilitar o tránsito peonil, está a supoñer unha barreira arquitectónica que dificulta a vida das persoas con problemas de mobilidade.


O concelleiro Luís Pérez Barral, expuxo que con un goberno do BNG non habería eses problemas pois “revisaríanse as obras antes de recepcionarse”. Segundo Pérez Barral, a causa deste problema é a falta de planificación e a falta proxecto do señor Ruiz Rivas que despois padecemos todos os veciños e veciñas.


Foi Laura Novelle, persoa que ten mobilidade reducida a que se encargou de facer un repaso por todas as barreiras que teñen que vencer no día a día. “Non é normal que unha obra nova como esta que se acaba de facer en Ribeira me impida acceder á zona de aparcadoiro ou teña que ir pola estrada poñendo en risco a miña seguridade e de condutores”. Novelle defendeu que “as persoas con mobilidade reducida temos dereito a movernos libremente pola cidade e polas parroquias sen ter que pensar previamente como chegar ao noso destino por unha ruta segura”.


Finalmente o voceiro e candidato á alcaldía Xosé Antonio Vázquez Cobas, comprometeu o esforzo do BNG a traballar para mellorar a accesibilidade nas rúas con especial atención ás obras novas, mais tamén a facer accesibel as intsalacións públicas municipais.


O candidato nacionalista concluiu sen esquecer a necesidade de que os parques teñan xogos inclusivos polo prometeu que “se o BNG lidera un cambio, comprométese a cubrir algún parque e a poñer xogos inclusivos para que as crianzas con diversidade poidan desfrutar en igualdade”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.