Pérez Barral: “pedímoslle ao PP que pare os recortes porque está poñendo en risco a calidade educativa e a atención á rapazada con problemas”
O BNG mostrou hoxe o seu apoio ás reivindicacións da comunidade escolar de Ribeira, nomeadamente ás ANPAS e ao profesorado dos centros ante a onda de recortes que está aplicando a Consellaría de Educación no ensino público. “O mesmo número de docentes que no curso 2020-2021, que a Consellería de Educación, cando menos, os mesmos desdobres autorizados en todos os niveis educativos que no curso pasado e reforzo dos cadros de persoal para reducir as proporcións máximas por aula, é algo imprescindíbel”. Así resumiu o concelleiro ribeirense, Luís Pérez Barral, as esixencias do BNG para o presente curso escolar, logo de censurar “a política de propaganda e desmantelamento do ensino público do señor Núñez Feixóo”.
Pérez Barral denunciou que mentres os centros públicos teñen cada vez menos recursos, desde que goberna o PP “incrementouse nun 5,5% o profesorado do ensino privado e reduciuse en case un 5% o profesorado do público, segundo os datos da propia Consellería de Educación”. Concretamente, sobre o presente curso, asegurou que en Ribeira imos padecer o brutal recorte de 11 profesores no IES Nº1, redución de dúas unidades no colexio de Palmeira, recortan dun profesor no colexio de Aguiño e no colexio de Artes hai vacantes que non se cubren.
As consecuencias dos recortes van a ter graves implicacións pois provocará unha perda importante de calidade educativa, aumentan as proporcións con aulas masificadas, pérdense agrupamentos, redúcese a atención á mocidade á diversidade e á rapazada con dificultades e mesmo existe unha redución das materias optativas.
Cese ou dimisión
OBNG censura a actitude do alcalde, Manuel Ruiz, que cala ante a vaga de recortes que se están facendo. Pérez Barral pídelle a Ruiz Rivas que, como máximo responsábel do Concello, ten a obriga defender os intereses da veciñanza de Ribeira por riba dos intereses do Partido Popular pero xa sabemos que prefire obedecer a Feijóo e ignorar as demandas da comunidade escolar”.
“Lamentabelmente, unha vez máis, vemos que o alcalde claudica ante os ataques que o seu propio partido, o PP, lle fai aos servizos públicos. Preguntámonos tamén que é o que fixo a concelleira de Educación até o momento para defender os centros educativos do concello de Ribeira, porque non temos constancia de que en ningún momento saíse publicamente a apoiar as xustas demandas da comunidade escolar, por iso pedimos o seu cese ou dimisión inmediata” concluíu.
Un comentario en «O BNG apoia as reivindicacións da comunidade escolar de Ribeira»