Compromisos sociais que o BNG adquiriu coa veciñanza e que se ven mellorados: Dependencia, loita contra a violencia machista, deportes, transporte público, conxelación de impostos e melloras laborais para o persoal municipal
O BNG e moi crítico coa xestión do Partido Popular, con algunhas cifras e destino do orzamento de 2019, hai cuestións que temos que dicir que non son negras e negativas e que así foron analizadas pola asemblea local. Neste sentido, a seguir repasaremos as principais carencias e as positivas que en boa medida son propostas nas que o BNG traballou arreo para que fosen unha realidade ou se comprometeu con entidades, veciñanza e colectivos e fan parte da nosa acción política para mellorar o benestar das veciñas e veciños de Ribeira.
O CONTEXTO ECONOMICO- LABORAL
A precariedade laboral, económica e a temporalidade que padece a poboación ribeirense vese reflectida no Novo traballo, no que emerxe, a figura da traballadora e traballador precarizado ó que lle custa chegar a fin de mes. En agosto de 2019 ribeira tiña 1181 parados. (bo mes)
Por iso precisamos uns orzamentos máis sociais que axuden a crear as condicións favorabeis para mellorar os nosos tecidos productivos e contribuir a mellorar a vida das e dos ribeirenses. Os orzamentos deben estar orientados a este fin. Temos 22.319.867,09€
O suposto Plan de Emprego Local que se intenta vender está distorsionado pois parte deses postos de traballo son os mesmos que se contratan anualmente de xeito temporal para a tempada estival (socorristas,técnicas/os de turismo, peóns de brigadas contraincendios,auxiliares de policía,etc)
O goberno incumpriu a súa promesa de materializar a proposta feita polo BNG de crear unha bolsa de prácticas e contratos dun ano para persoas con formación superior e contribuír a que as persoas tituladas polas universidades galegas teñan experiencia de traballo.
Para nós, así o temos dito moitas veces, a 1ª medida dun plan de emprego (que non temos) no que se detecten as carencias, problemas, fortalezas e oportunidades é a creación do Polígono Industrial
Ribeira continúa carecendo de chan industrial. Esta é a realidade obxectiva e unha mostra de como o PP foi incapaz de crear un polígono industrial onde asentar empresas. Despois de moitos anos (máis de 25) de marear a perdiz e de procurar emprazamentos errados, o final decatáronse que o lugar onde propoñía o BNG (metro máis ou menos) era o axeitado. O resultado é que os datos do desemprego non baixan e cando baixan é ou pola emigración dos nosos mozos e mozas ou polos contratos en precario que os gobernos do PP e PSOE favoreceron coas reformas laborais.
Mais o polígono industrial é só a punta do iceberg da súa mala xestión e inoperancia, pois tampouco vemos un apoio decido por ao noso comercio local, observamos que lonxe de establecer campañas de dinamización comercial fortes que permitan crear riqueza e afluencia de xente, realízanse accións illadas e sen contar con este sector. Agardamos que pronto se materialice a demanda, que o BNG leva facendo desde hai anos, de Remunicipalizar o aparcadoiro do Centenario para poder rebaixar as tarifas.
MANTEMENTO -CONSERVACIÓN E OBRAS
Somos críticos coa decisión de destinar tan pouco a conservación e mobiliario público, só se consigna unha partida ínfima de 45.000€ (25.000€ de reparación e 20.000€ de adquisicións) que a todas luces é insuficiente. Desde o BNG comprometémonos coa veciñanza a mellorar o mantemento dos equipamentos, das instalacións públicas, parques e zonas verdes polo que seguiremos traballando para que esta partida se incremente. Ademais a brigada de obras debería dedicarse a ese mantemento do que falamos.
Contratación está colapsada por ineficacia do goberno na xestión. Os problemas de persoal en contratación non son de agora nin chegaron de sorpresa o PP sabía que existe e non é quen de darlle solución. Outra é o atraso acumulado nas obras pero non poden mirar para outro lado e deben solucionar este problema porque canto máis tarden máis grave se volve o problema. (esta é a raiz do retraso das obras). Nas obras que se están executando solicitamos do equipo de goberno màis Control na execución das obras, que extremen o control dos prazos, das calidades, e os acabados…
Seguimos sen saber que pasa coa ARI (Area de Rehabilitación Int. egral) que foi aprobada por este pleno
Turismo e medio natural
Pasan os anos mais todo segue igual, nada se fixo e nada se fai… O goberno de Ribeira segue sen política turística clara e definida, as accións que se fan son moi dispares e carecen de eficacia demostrada. Vostedes, o PP, está obsesionado con intentar atraer máis visitantes no canto de facer que as persoas que xa se achegan a Ribeira merquen e consuman nos nosos establecementos. O seu equipo, Sr. Alcalde, está máis ocupado en culpar o sector privado das carencias que temos, que en potenciar un sector que podería crear postos de traballo cunha aposta forte polo turismo natural e desestacionalizado.
Con respecto ao medio natural, Parque Nacional das Illas Atlánticas e Parque Natural de Corrubedo, cremos desde o BNG que hai que traballar para poñelo en valor. O patrimonio natural situado no parque natural de Corrubedo está completamente abandonado. O parque leva moitos anos sen contar cos documentos reitores e de xestión que tanta falta fan para que a veciñanza poida empregar os seus terreos.
Que logros acadou o señor Torres Colomer, nos últimos anos á fronte da xunta consultiva do parque? Nada. Urxe que investimentos que se realicen no parque teñan tamén como beneficiaras ás persoas propietarias de terreos, para que vexan que o parque natural é un beneficio e non só restricción.
Transparencia e participación
Tampouco existe transparencia pois o equipo señor Ruiz, segue a ocultar o destino de 820.400€ baixo o epígrafe estudos e traballos técnicos. Acaso cren que iso é lóxico? Como podemos fiscalizar unha suma tan importante de cartos públicos que van neste orzamento con ese epígrafe.
Algúns exemplos deses compromisos sociais que o BNG adquiriu coa veciñanza: Dependencia, loita contra a violencia machista, deportes, transporte público, conxelación de impostos e melloras laborais para o persoal municipal
Axuda a persoas dependentes
Incremento Do 22,42 %, o que supón 135.000 euros máis, para atender os gastos derivados de axuda a persoas dependentes cuxo custe anual se estima en 737.250 euros, ao que habería que sumarlle máis de 114.000 euros que representa o custe das 5 auxiliares de axuda a domicilio contratadas polo Concello, polo que o custe do servizo ascende a 851.825,94 euros.
Este é un traballo que sempre reivindicamos desde o BNG, que as persoas maiores deben estar atendidas e sempre nos comprometemos co departamento de Servizos Sociais a dotalo de suficientes recursos. Este xiro social foi posíbel grazas a que o PP xa non conta coa maioría absoluta e os grupos municipais podemos cambiar as prioridades.
O BNG sempre o dixo, primeiro as necesidades da xente, se hai que gastar máis en dependencia haberá que facelo. Para nós o primeiro é a xente e despois as obras.
Centro de Información á Muller (CIM)
Este departamento merece unha especial atención, ante a situación social que padecen moitas mulleres que sofren violencia de todo tipo, moitas veces invisibilizada, e outras por desgraza con tráxicas consecuencias como os asasinatos.
Este ano volve a aumentarse a consignación de maneira importante nun 71,19 % con respecto ao ano 2018, en todo caso botamos en falta que desde o goberno municipal non se fagan máis campañas de educación e concienciación contra a violencia machista, sobre todo nos centros escolares. O BNG como forza feminista, comprométese publicamente a apoiar todas as medidas destinadas a concienciar e tentar rematar con este grave problema social.
Transporte público
Ribeira conta a día de hoxe cunha rede de transporte público subvencionado grazas ao traballo insistente e teimudo do BNG que permitiu reducir as viaxes a 1€. Malia todo, seguimos botando en falta que se inclúa o transbordo para evitar que as persoas usuarias deban pagar máis por viaxar dunha parroquia a outra.
Falando de transporte no seu día denunciamos que o PP comezaba a casa polo tellado e pedíamos que non se tirara a estación vella antes de facer a nova, agora as persoas deben agardar nunhas marquesiñas a expensas das condicións meteorolóxicas por iso non imos deixar de esixir desde o BNG, unha vez máis a construción dunha estaciónde autobuses intermodal que permita tamén albergar a venda de billetes marítimos na tempada estival.
RPT
Congratulámonos de que o persoal municipal vaia mellorar as súas condicións laborais, pois levamos tempo falando cos seus representantes e desde o BNG comprometémonos a facer que esta mellora de aplicar a RPT do ano 2009 (que Rajoy parou) fose realidade co primeiro pago do 50%.
Conxelación de taxas e impostos
Outra das actuacións que o BNG promoveu foi a de non incrementar as taxas e impostos municipais á veciñanza, pois aínda que se predica que a crise rematou, moitas persoas do municipio dispoñen duns recursos económicos Insuficientes.
Obras e actuacións demandadas pola veciñanza e levadas a pleno polo BNG
Centro social de Carreira, Centro social de Corrubedo, pavimentación en Sego (Artes), apoio e mellora da UAD, excavacións do Castro da Cidá, monumento a Plácido, (quero agradecer a sensibilidade do pobo de Ribeira e da corporación saínte co noso compañeiro), consolidación da Feira do Libro
Subvencións e convenios
Festa da Dorna 31.000€
Axudas a clubs e entidades deportivas mantense nos 120.000€
E quero lembrarlle tamén o compromiso co Club de Remo que está pendente, pero que non esquecemos. Hai que garantir unha instalación axeitadada para a práctica deste deporte.