O Bloque pide unha actuación para mellorar o aspecto da praza da Amarella

O BNG quere revitalizar o barrio do Monumento e sacalo do esquecemento

No BNG cremos que o goberno local discrimina zonas de Ribeira someténdoas a un continuo abandono e por iso rexistra unha iniciativa para que o Concello de Ribeira realice un proxecto para mellorar o aspecto da praza Amarella que actualmente ten deficiencias no seu mantemento e limpeza.

Con respecto á citada praza, o panorama é desolador explica Cobas, “hai pintadas por mor de actos vandálicos e pola escasa seguridade, a herba nace no medio das lousas e malia que se eliminaron espazos verdes, os poucos que hai non teñen o coidado que precisan”. Apunta que o desleixo é tal que “mesmo hai zonas de intensa humidade que escurecen o chan e falta mobiliario”.

Por todo isto, o BNG vai solicitar que se realice un proxecto de mellora nesta praza da Amarella na que se contemple a reparación das deficiencias, se mellore a limpeza e se repoña o mobiliario, así como un maior coidado e aumento das zonas verdes. Desde o Bloque anunciamos que esta é unha das primeiras iniciativas para revitalizar o barrio do Monumento e sacalo do esquecemento ao que o somete Ruiz Rivas.

 

4 comentarios en «O Bloque pide unha actuación para mellorar o aspecto da praza da Amarella»

  1. Yo soy del monumento de toda la vida vamos que nací allí ahora mismo vivo en Sevilla pero voy dos o tres veces al año a mi pueblo Ribeira y lo que echo de menos en el monumento es la limpieza De los solares que hay y la fuente que hay en la cuesta del monumento en ese aspecto está todo muy abandonado

  2. Na zona das rúas Novoa Santos, poñer sentido único de circulación e en todo o Monumento, xinalización horizontal, como pasos de cebra e raias amarelas en todas as curvas.

  3. Grazas polos comentarios David, María José e Julio.

    Dicirvos que o BNG xa presentara un plan de reordenación viaria para garantir unha boa fluidez no tráfico rodado e volveremos insitir. Ese plan contemplaba rúas de sentido único e con estacionamentos.
    Por outra banda recolleremos as vosas solicitudes para que se mellore a limpeza e a seguridade.

Responder a David Camean Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.