O Bloque aposta por reformular o xantar do maior para evitar o seu uso partidista

O goberno do Partido Popular volve organizar neste ano 2022 o xantar do maior, unha gran comida na que se van gastar máis de 55.000€ nun único día.

Os maiores teñen o dereito de reencontrarse e desfrutar en convivencia todos xuntos, por iso desde o Bloque incidimos en que estamos a favor da celebración da xuntanza para as persoas maiores, especialmente agora despois dos anos máis duros da pandemia pero cremos que ese festexo podería celebrarse cun gasto máis comedido sen restarlle calidade, tal e como se fai noutros concellos.

Lamentamos o uso partidista da celebración por parte do goberno local porque se organiza un xantar con cartos públicos para ofrecer intervencións políticas de membros do Partido Popular.

Temos que recordar que o goberno de Ruiz Rivas conta con só 9 dos 21 edís da Corporación Municipal, feito polo cal debería consensuar cos grupos políticos gastos tan elevados para un único día. Ademais rexeitamos a hipocrisía do PP que pretende aproveitar de maneira partidista o xantar do maior cun gasto de 55.000 euros mentres desde o goberno local aplican tarifazos como o recibo do saneamento, non resolven os problemas de transporte público, destinan só 5.000 euros ás asociacións de maiores ou defenden os recortes de persoal aplicados na Sanidade pública que tanto prexudican ás persoas maiores.

Desde o BNG lanzamos a proposta de reformular o xantar do maior facéndoo máis económico pero de igual calidade e para que as persoas participantes poidan desfrutar do día. Ademais, propoñemos despolitizar a festa do maior evitando as intervencións políticas facendo que sexan persoas representativas do colectivo de maiores as verdadeiras protagonistas promovendo que se encarguen de facer as intervencións de apertura do festexo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.