O alcalde de Ribeira reúnese coa deputada delegada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez mantivo unha reunión coa deputada delegada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán e o patrón Maior de Aguiño; co propósito de discutir estratexias colaborativas destinadas a impulsar o desenvolvemento económico na rexión.



 



Nun esforzo por fortalecer a economía local e potenciar os produtos comercializados nas lonxas pesqueiras, abordouse a posibilidade de establecer novas liñas de axuda que permitan ás confrarías desenvolver estratexias comerciais efectivas.



 



Durante a reunión, destacouse a importancia de apoiar ás confrarías na promoción e comercialización dos seus produtos, cun enfoque especial na creación dunha marca sólida..



 



A Deputada expresou o seu compromiso co sector pesqueiro local e o seu desexo de colaborar estreitamente coas confrarías e o Concello para impulsar o crecemento económico na rexión.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.