O pasado xoves, día 19 de xullo, na xuntanza celebrada na Casa do Mar de Aguiño en relación coa EDAR de Ribeira, organizada pola Comisión Veciñal de Aguiño, na que participamos xunto coas Voceiras do PP e IPdeR e co Voceiro do PSOE, comprometémonos a presentar unha iniciativa coas propostas da Comisión diante do Pleno do Concello e tamén do Parlamento Galego.
Como o prometido é débeda, xa nos puxemos en contacto coa nosa deputada que leva os temas da Barbanza no Parlamento Galego, Ana Pontón, para informarlle da situación. Do mesmo xeito, o pasado venres, día 20 presentamos unha iniciativa no Concello para tratar no vindeiro Pleno ordinario da Corporación Municipal, que terá lugar o próximo luns, día 30, a partir das 20:00 horas. Hai que lembrar que os Plenos Municipais son públicos, e pode asistir quen o desexe.
Moción presentada ante o Pleno da Corporación:
2007-07-19edarribeira.doc