Miranda denuncia o “dumping” social que se practica no sector pesqueiro

Ana Miranda, candidata do BNG Europeas 2009

A candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, denunciou o “dúmping social”* que se practica no sector pesqueiro cos traballadores extracomunitarios. Neste sentido, adiantou que o BNG demandará no Parlamento Europeu que “as axudas públicas aos armadores estean vinculadas á mellora das condicións sociolaborais das tripulacións”.

Ana Miranda reuniuse esta tarde en Santiago de Compostela co presidente da Asociación Española de Titulados Náutico Pesqueiros (AETINAPE), Manuel Muñiz, para analizar as demandas do sector.

Miranda rexeitou que “empresas que reciben cuantiosas subvencións públicas practiquen o dúmping social, enrolando a tripulantes extracomunitarios por salarios ínfimos”A candidata do BNG mostrou o seu rexeitamento a que “empresas que reciben cuantiosas subvencións públicas practiquen o dúmping social, enrolando a tripulantes extracomunitarios por salarios ínfimos”. A este respeito, o presidente de AETINAPE lembrou que “buques que até hai uns meses enrolaban unha media de 6 tripulantes españois por barco, agora na súa maioría só contan con 1 ou 2 tripulantes de orixe española”.

Oposición do BNG aos desguaces
Por outra parte, Ana Miranda tamén amosou a oposición do BNG á reducción da capacidade pesqueira galega a través de desguaces, unha medida que defende o Comisario Europeo de Pesca, e que “non se debería facer con diñeiro público porque destrúe centros de empregos a cambio de reducir aínda máis a nosa capacidade pesqueira”.

Homologación a nivel europeo dos títulos
Ana Miranda tamén coincidiu co presidente de AETINAPE na necesidade de que haxa unha homologación dos títulos marítimo-pesqueiros na Unión Europea. Ademais, a candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeu amosou o seu compromiso para traballar pola creación dunha Axencia de Inspección Pesqueira Europea, de carácter supraestatal. A candidata do BNG comprometeuse a trasladar estas demandas tanto ao Parlamento Europeo como á Comisión Europea de Pesca “tan pronto tome posesión como eurodeputada do BNG”.

*Dumping social: consiste na consecución de baixos prezos grazas a baixos salarios e/ou condicións laborais e sociais mínimas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.