Gasto responsable? menos xantares e máis servizos sociais

É lóxico o gasto de cartos públicos nunha comida dun único día tras subir en dous anos tódalas taxas municipais un 5%?
Credes que se poden empregar estes cartos para outras actividades de maior necesidade e importancia? Desde o BNG pensamos que si e por iso facemos esta proposta.



Malia que sabemos que os maiores ben merecido teñen calquera tipo de actividade que se lles faga, cremos que non é oportuno nun momento de crise e no que moita xente pasa por grandes dificultades realizar un gran xantar para 1.000 persoas.


Cabe destacar como os e as pensionistas galegas teñen as pensións máis baixas do Estado español e que o goberno as vai recortar aínda máis e, por iso entenderán a proposta de destinar os cartos do xantar a outros máis fins sociais.


Segundo palabras do concelleiro e portavoz do BNG, Xosé Antonio Vázquez Cobas “eles saben de primeira man, dos mil sacrificios que están a sufrir centos de familias de Ribeira e máis recentemente coa subida de impostos”.
Vázquez Cobas tamén comenta que non é xusto usar cartos públicos para un gran xantar ofrecido polos mesmos que recortan dereitos sociais, aplican repagos e recortes na sanidade, na dependencia, nos servizos sociais, na educación que están a sufrir nas súas familias, etc


Por todos estes motivos o BNG vai solicitarlle ao Concello de Ribeira:


Que o Concello de Ribeira non organice o Xantar dos Maiores e que os cartos sexan destinados a partidas sociais tales como (comedores sociais, ONG’s, ensino, sanidade, dependencia, etc).


Proposta completa: Solicitude Xantar dos Maiores 2013

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.