Membros do equipo de goberno reúnense coa veciñanza da rúa Irmandiños

O alcalde de Ribeira e os e os edís Xabier Vidal, Francisco Suárez-Puerta, Fernando Abraldes e Veva Betanzos mantiveron onte unha reunión coa veciñanza da rúa Irmandiños de Ribeira.No encontro abordáronse distintos temas que afectan aos residentes desa zona como a accesibilidade da rúa, prazas de aparcamento e a seguridade, entre outros.

O goberno municipal está a realizar reunións coa veciñanza de distintos barrios e parroquias co propósito de mellorar a xestión local e a participación cidadá. Estas reunións serven como unha canle de comunicación directa entre o goberno e os residentes de diversas áreas dentro do municipio.

“O propósito principal é o de fomentar a participación cidadá e establecer un diálogo aberto e construtivo entre a veciñanza e os membros da corporación municipal” explica o alcalde Luís Pérez. “A veciñanza é a que mellor coñece os problemas e necesidades que afrontan a diario, e nós precisamos ser coñecedores disto para contribuír activamente no desenvolvemento dos distintos barrios e parroquias do concello”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.